Paisajes progresivos #72. Anthony Phillips (5)

Paisajes progresivos
17 de maio 2026
Quinto e derradeiro episodio de 'Paisajes progresivos' dedicado ao músico británico
Quinto e derradeiro episodio de 'Paisajes progresivos' dedicado ao músico británico / Alberto Pazo

Alberto Pazo, produtor e condutor do podcast, chega neste capítulo á última aproximación á obra do mestre Anthony Phillips.

Para completar os episodidos dedicados ao músico británico céntrase "na súa produción máis heteroxénea: bandas sonoras, música de libraría, arquivos, colaboracións. discos de piano só...".

Trátase de "unha mostra máis da súa versatilidade e da súa abundante produción discográfica, á marxe de modas e mercadotecnia, demostrando, como foi sempre a súa traxectoria, a súa honestidade e a súa sensibilidade".

"Un personaxe, sen dúbida, singular, e un artista total. Que o gocedes".