Clara Sánchez pon ao público lector diante dunha das preguntas existenciais máis inherentes ao ser humano con 'Lo inexplicable'.
A protagonista, Alicia, "é unha moza aia que coida de Rafael, un bebé que parece comportarse de forma ... inusual. Desde moi pronto o neno obsesiónase cunha rúa concreta, un edificio, un piso e con obxectos que xamais debería recoñecer".
"Atrapada entre o escepticismo dos adultos, os silencios dos pais e a intensidade inexplicable do pequeno, a aia iniciará unha investigación que a cambiará para sempre".
A escritora volve ao podcast 'Cara a cara' para charlar da súa última publicación, que xa fai a número dezaseis.
Fala tamén a académica da Lingua, xa que forma parte da RAE e na que ocupa o asento X.