Conversas na Ferrería #247: Premios Feroz 2026

Conversas na Ferrería
21 de xaneiro 2026
Actualizado: 18:13
Lore Romero, Seve Casalderrey e Julio C. Piñeiro dan a súas votacións sobre as nominacións aos Premios Feroz 2026
Lore Romero, Seve Casalderrey e Julio C. Piñeiro dan a súas votacións sobre as nominacións aos Premios Feroz 2026 / Cristina Saiz

Este próximo sábado 24 de xaneiro celebrarase a gala dos Premios Feroz 2026. Os galardóns que anualmente entrega a crítica cinematográfica ás producións españolas de películas e series.

Por segundo ano consecutivo o evento desenvolverase en Pontevedra e o podcast 'Conversas na Ferrería' volve mirar neste episodio a devandita convocatoria.

Interveñen no faladoiro Lorena Romero, artista multidisciplinar; o xestor da web enclavedecine.com, Julio C. Piñeiro; e Severiano Casalderrey, crítico de cine, membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.

Charlan sobre as cinco propostas que compiten finalmente en cada candidatura e cales son as súas películas, series, actrices, actores, guións, música, ou carteis favoritos para gañar.

Son un total de vinte as candidaturas que concorren a premio, aos que se engade un Premio Feroz de Honra que este ano se outorga á actriz Marta Fernández-Muro.