Cara a cara #703. Defreds con 'Mientras duela'

Cara a cara
23 de abril 2026
Defreds é o vigués José Ángel Gómez Iglesias
Defreds é o vigués José Ángel Gómez Iglesias / PontevedraViva

'Mientras duela' é o décimocuarto libro de Defreds. Todos publicados durante os últimos once anos. Unha vez que as súas exitosas frases de redes sociais entraron no sector editorial.

En once anos cabe moito na vida de calquera persoa. Caben os cambios. E así se chega a 'Mientras duela'. Tanto en forma como en fondo.

Abril é o inicio da tempada alta para escritores. Comezan as feiras do libro. As e os autores débense ao seu público lector.

Antes dun deses compromisos falamos con Defreds. Dos cambios vitais e de tantos temas que guían esta publicación.

A estas alturas non é necesario comezar sinalando que falamos co vigués José Ángel Gómez Iglesias.