Por que me mirades así?, si, xa está aquí

Los diez lanzamientos
29 de maio 2026
'Los diez lanzamientos' edición 29 de maio
'Los diez lanzamientos' edición 29 de maio / PontevedraViva

Unhas pistas: están acartelados no Río Verbena de Pontevedra para o próximo agosto. Quérenche. E pregúntanse 'Por que me mirades así?. Exacto, La La Love You xa lanzaron novo álbum.

Como nestes días de altas temperaturas apetece fresquito, incluímos o pop fresquito de Meler, que tamén traen sinxelo preguntón.

Carlangas suma elepé, o terceiro en solitario, volve ál ámbito rockeiro con 'Universo paralelo'. Entre os sons urbanos, Matasvandals co sinxelo, 'Histeria'. E un tema para incluír a E neste episodio: 'Sin follar no hay amor' de Cosmética.

Temos tamén o punk de Memocracia, ao valenciano Sienna que segue avanzando tracks do seu próximo elepé, e a Inoxidables que a próxima semana lanzan 'El mapa de la herida'.

Máis rock intensito coa banda barcelonesa Allison Darwin e unha fusión de xéneros cunha debutante, Rita Ojanguren.