Lg1do, o fenómeno galego da música urbana é 'Sobresaliente'

Los diez lanzamientos
05 de xuño 2026
'Los diez lanzamientos' edición 5 de xuño
'Los diez lanzamientos' edición 5 de xuño / PontevedraViva

Faise chamar artisticamente Lg1do. O seu nome é Saúl Rodríguez, ten 18 anos e é de Santa Comba (A Coruña). Fai música urbana e este 2026 con seis temas publicados en plataformas está a consolidarse como fenómeno viroso. O último lanzamento é 'Sobresaliente'.

Ademais, Lori Meyers seguen avanzando tracks do seu oitavo álbum, esta semana quenda de 'Malafollá'. A cantautora Rosa León engade colaboración con Rozalén para o seu próximo disco de homenaxe a María Elena Walsh.

Ona Mafalda estrea 'Otra' e os cataláns Extasis afirman que 'Se acabó el indie'. De amigos, a relación fraternal, Mi Hermano y Yo traen 'Tengo ganas de verte'.

Volvemos até A Coruña cun quinteto de Zs chamados Apolo18 que publican o seu primeiro EP.

E para completar: La Jvnta, os portugueses Glockenwise e os vinte e cinco anos de traxectoria de Noise Box cun tema de celebración.