Momento Calma é un como un manual de instrucións para comprender e convivir coa perimenopausa e a menopausa.
Esta etapa da madurez feminina demanda unha abordaxe diversa: xinecológico, nutricional, farmacolóxico, fisioterapeútico, dietético, cardiológico, psicolóxico... posto que os cambios que se producen van moito máis alá do cesamento da menstruación, como refire etimolóxica e semánticamente.
Momento Calma é tamén un primeiro foro da muller e o benestar que se desenvolverá este próximo sábado 29 novembro no Teatro Principal de Pontevedra. Falan deste proxecto as súas promotoras, Ángela Patricio, psicóloga en Punto de Apoio e Ana Fernández, creativa de Javier Varela Márketing.
O interese é sobresaínte, xa que desde metade de semana están reservadas todas as prazas ofertadas. Momento Calma durante 2026 terá continuidade con diversos talleres en formatos máis reducidos.