La Antigua Roma é o escenario temporal no que Juan Tranche desenvolve a súa faceta como escritor. En 2021 debutou con 'Spiculus: dos amigos enfrentados a muerte en la Roma de Nerón'.
En 2023 foi a quenda de 'Gladiadoras' unha épica histórica coas mulleres gladiadoras como protagonistas. Agora publica 'Innocentia' outro relato épico situado na Hispania romana.
Un antigo centurión de nome Marciano Tauro, a súa esposa Domicia e un mozo orfo son os protagonistas que investigan unha rede de trata de menores, corrupción e ambicións políticas.
Tranche volve ao podcast 'Cara a cara' e fala do papel da muller nas súas novelas, das sombras que tamén existían na Antiga Roma ou dos feitos reais e a ficción que se conxugan nestas páxinas.
"Cando o poder compra o silencio... a inocencia págase con sangue".