'Entre mentiras e algunha (in)certeza' é o segundo título que publica Xulio Teixeira, avogado e docente de profesión, neste ano 2026.
Do mesmo xeito que en 'Viaje al otro', publicado no primeiro trimestre, segue escribindo en verso, aínda que cun fondo máis propio do ensaio.
A verdade, a mentira, o amor, a liberdade e o medo expostos para que "cada cal busque a súa verdade en todo o que escribo, que pode ser unha mentira ou pode ser unha verdade", di o autor.
En definitiva, reflexionar, ler e pararse a pensar en lugar de ler e dixerir sen procesar.
'Entre mentiras e algunha (in)certeza' preséntase este sábado 13 de xuño no Edificio Castelao de Pontevedra ás 12.15 horas.