'La Longevidad'. Idadismo

La longevidad
22 de marzo 2026
Catro profesionais participan neste episodio de 'La longevidad'
Catro profesionais participan neste episodio de 'La longevidad' / PontevedraViva

Tras o primeiro episodio do podcast no que quedou asentado que vivimos xa nunha sociedade lonxeva, este capítulo pon a atención en como se mira á poboación de máis idade. Isto é: hai edadismo?.

Que significa edadismo: discriminación cara ás persoas de máis idade. A conclusión é unánime entre o tres participantes na charla. Juan Martín, director do Centro Internacional sobre o Envellecemento, CENIE. Miguel Anxo Álvarez, xerontólogo e membro do Grupo Senior da Sociedade Española de Xeriatría e Gerontología. E José María Failde, presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía.

"Retirar valor social, retirar voz, retirar oportunidades; e todo isto nunha sociedade lonxeva, é un luxo que non nos podemos permitir" apuntan tras sinalar e analizar comportamentos, estereotipos ou causas que propician esta discriminación.

Na segunda parte do podcast, toma a substitución Ana Castro Liz, psicóloga sanitaria, terapeuta de parella e sexóloga. E é que visibilizar a sexualidade nas persoas de máis idade, segue presentándose como aspecto indicible. Fronte a este mirar a outro lado, datos actuais: "en varios países europeos rexistrouse un aumento constante de diagnósticos de infeccións de transmisión sexual en maiores de 65 anos".

E para completar, cinema para repensar a lonxevidade. Recomendación dunha película e a súa secuela: 'El exótico Hotel Marigold' e 'El nuevo exótico Hotel Marigold'.

'A lonxevidade' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).