La longevidad. Será posible deter o envellecemento?

La longevidad
26 de abril 2026
'La longevidad', podcast de PontevedraViva Radio PontevedraViva / Aristal

Neste terceiro episodio do podcast 'A lonxevidade' abórdase o envellecemento mirando aos estudos, avances científicos e tecnolóxicos que xa son presente e daqueles dos que se fala a futuro.

Subindo outro banzo, o último pódese afirmar. No libro 'A morte da morte' de José Cordeiro e David Wood, afirman que para a metade deste século XXI será posible parar o proceso de envellecemento e estender indefinidamente a esperanza de vida.

Contamos cun novo invitado. Manuel de la Peña é presidente do Instituto Europeo de Saúde e Benestar Social e pon de manifesto en que están a traballar ciencia e tecnoloxía no que incumbe á lonxevidade e contra o envellecemento das persoas.

Seguimos cun debate amplo no que participan Juan Tomás Martín, director do CENIE (Centro Internacional sobre o Envellecemento) e José María Faílde, presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía.

Para completar episodio, un documental cun protagonista real rodeado de polémica: 'Non te morras. O home que quere vivir para sempre'. Leva á pantalla ao millonario estadounidense Bryan Johnson. Vive cunha obsesión, conseguir a eterna mocidade. O seu corpo é o campo de experimentación.

'A lonxevidade' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).