'La longevidad'. O valor de envellecer

La longevidad
30 de maio 2026
O sociólogo José Durán, profesor da Universidade de Vigo máis a Uned, participa no podcast
O sociólogo José Durán, profesor da Universidade de Vigo máis a Uned, participa no podcast / PontevedraViva

O doutor en Sociología, José Francisco Durán Vázquez, participa neste episodio do podcast cun punto de partida: a performance de Bad Bunny na pasada Met Gala e a mensaxe que transcendeu da súa alfombra vermella: o valor está en envellecer.

Como sociólogo, Durán Vázquez investiga relacións xeneracionais e intergeneracionais con especial atención a "transmisións, experiencias de vida e articulación de tensións entre expectativas e logros nos ámbitos da familia, a educación, o traballo, o lecer e a relixión". Igualmente está licenciado en Xeografía e Historia, así como en Ciencias Políticas e da Administración.

Este profesor e investigador da Universidade de Vigo e da Uned interpreta esa posta en escena e transcende máis aló dese "xogo de imaxes" do que fala.

Expón unha argumentación de por que se relega e tamén deosta o envellecemento. Vai desde a ruptura xeneracional até progresivos fenómenos sociais que derivaron na consideración e tratamento que actualmente se dá á poboación de máis idade.

Afirma, por exemplo, que "cando unha sociedade lle dá as costas á xente maior, danlle as costas á súa memoria. E un dos problemas que ten a nosa sociedade é a falta de memoria social".

'La longevidad' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).