Cara a cara #717. Manuel Esteban con 'La ira de los mansos'

Cara a cara
16 de xuño 2026
O autor vigués Manuel Estéban
O autor vigués Manuel Estéban / Silvia Parada

A primeira vez que se publicou 'La ira de los mansos' foi en 2016 conseguindo o Premio Xerais de Novela. Unha década despois Manuel Esteban reedita en castelán para un dos dous grandes grupos editoriais deste país.

Esta reentrada faio con dous títulos ao mesmo tempo. Nun só volume inclúense os dous primeiros títulos do inspector Carlos Manso: 'La ira de los mansos' e 'Me llaman nadie'.

No primeiro dos títulos a novela negra ten como vítima e como sospeitoso a dous mozos con Síndrome de Down. Algo escrito con toda a premeditación do autor, pondo ao público lector ante os mesmos prexuízos do inspector Manso. Manuel Esteban sabe sobre o que escribía, é pai dun mozo co mesmo Síndrome.

No segundo dos títulos, tamén con escenario na cidade de Vigo e con personaxes da anterior novela, Esteban vapulea aos seus lectores con delitos de pederastia. Labores ademais desde instancias eclesiais.

O autor segue os preceptos de Saramago; concretamente o que apunta que a literatura ten que incomodar. Así o sinala na charla que nos deixa neste episodio do podcast.