Conversas na Ferrería #246. As súas mellores series e películas españolas deste ano

Conversas na Ferrería
29 de novembro 2025
Lorena Romero, Seve Casalderrey, Ozo Perozo, Julio Piñeiro máis Santiago Agopian
Lorena Romero, Seve Casalderrey, Ozo Perozo, Julio Piñeiro máis Santiago Agopian / PontevedraViva

Antes de rematar o ano toca saber cales foron as series e películas españolas de 2025 que máis gustaron aos tertulianos destas 'Conversas na Ferrería'.

No estudo de PontevedraViva Radio participan Severiano Casalderrey, Lorena Romero, Jullo C Piñeiro e Santiago Agopian.

Como avance, estiman que foi un bo ano de producións españolas, aínda que non así entre a comedia. Pola contra, entre as series para televisión e plataformas; si que atopan moita e boa competencia en comedia.

Ademais, o podcast conta coa participación do director de cine vigués, Ozo Perozo. Un dos directores da serie 'Valle salvaje' que emite diariamente TVE e Netflix.

Charlamos con el unhas horas antes de que se desvelase o resultado do nomeamento desta serie nos Emmy Internacionais na categoría de telenovela. Esta produción tamén está nomeada aos Rose D'Or.