Temas con son rotundo, desde o mainstream até a escena alternativa, nesta edición de 'Los diez lanzamientos'.
Muse avanza un terceiro track do seu próximo elepé. Os británicos marcarán nova etapa sonora con 'The wow. Signal'.
Intensos tamén Tu otra bonita que recuperan xunto a Puño Dragón, 'No creo en Dios'; ou o punk de Amor Líquido en 'Ahora lo entiendo'.
Cambiando de xéneros, Quevedo acaba de lanzar 'El baifo' e Gente de Zona presenta o primeiro single do seu próximo álbum.
Fieis ao seu estilo Alaska e Nacho Canut, Fangoria teñen tamén novo disco, 'La verdad o la imaginación'.
E non deixamos atrás ao Veintiuno, Construímos Escaleras, Anna Ferrer e aos pontevedreses Igloo que presentan un primeiro track do seu próximo elepé.