Volvemos ao 'Vogue', por que?

Los diez lanzamientos
10 de abril 2026
Actualizado: 30 de abril
'Los diez lanzamientos' edición 10 abril 2026
'Los diez lanzamientos' edición 10 abril 2026 / PontevedraViva

Banda sonora entre os lanzamentos desta semana. Estréase a segunda entrega de 'El diablo se viste de Prada' e ademais do tema que achega Lady Gaga, hai unha revisión que volve nesta segunda parte, a mítica 'Vogue' de Madonna, que se inclúe nesta edición.

Tamén, o novo álbum de Manuel Turizo, 'Apambichao', que estará o próximo xullo acartelado no Morriña Fest. A banda de Julian Casablancas, The Strokes, lanzará disco despois de máis dun lustro, e o primeiro avance é 'Going shopping'.

Os Niña Polaca traerán a próxima semana novo elepé co máis que actual título: Onde está a ONU cando máis a necesitas. O último dos avances do disco é 'La platería'. Na escena disco, electrónica, colaboración de Afrojack, Sia e David Guetta.

Desde a intensidade sonora, os Barracüda - que estarán no Festival Moscarock este abril -, e Los Acebos. No extremo sonoro, Las Nietas del Charli e Sienna.

E para completar, un nome totalmente reconocible en PontevedraViva Radio, así que a buscar no repositorio de podcast. Ten EP en solitario, 'Canciones para una despedida' e preséntase como FNTNS.