Chega o episodio de 'Paisajes progresivos' para analizar o período máis recente da gran banda sueca The Flower Kings.
Alberto Pazo, produtor e condutor do podcast explica que "con diversos cambios nos seus compoñentes van afrontando un abandono progresivo das grandes suites e longos desenvolvementos instrumentais para centrarse en temas máis directos, curtos e aparentemente menos complexos, aínda que sempre sen perder o virtuosismo e a exquisitez da súa fórmula".
"Aínda que é certo que hai signos de 'deja vu' nas súas composicións, o carácter inquieto, experimentador e incansable de Roine Stolt son garantía de que todo o que nos ofrecen sexa sinónimo de calidade musical, optimismo, actitude positiva e vitalista e, sobre todo, amor pola música de verdade".
"Espero que gocedes desta ponte entre o pasado máis glorioso do rock progresivo e unha mirada cara adiante explorando novos territorios musicais".