'te echo de menos ven y hazme poesía' é o primeiro poemario en papel de Paula Núñez.
Con todo a súa escritura séguena, polo menos, 104.000 persoas; as que sinala como seguidores Instagram no seu perfil
Nese formato dixital Paula mostra o concepto de fotopoesía. Unha presenza en redes sociais que comezou casualmente, como este libro en formato físico.
É ferrolá, licenciada en Empresas e Mercadotecnia, máster en Poética e en Capacitación Docente en Escritura Creativa. E está a sacar un doutoramento en Filosofía e Letras.
Este poemario é universo, é amor tolemia, son monstros, é soidade, é mar, son refuxios, é alma. É ela.