A capital lucense saca alfombra vermella este sábado 21 de marzo como anfitrioa da gala dos Premios Mestre Mateo 2026.
O audiovisual galego entrega os seus galardóns e con tal motivo o podcast 'Conversas na Ferrería' pon a atención neste evento e nas producións galegas do pasado ano.
Para coñecer candidaturas, posibles gañadores, producións presentes e ausentes entre as cateogrías aspirantes volven reunirse tres interlocutores: Severiano Casalderrey, crítico de cine e membro da Academia Galega do Audiovisual; Santiago Agopian, crítico de cine e Xullo C. Piñeiro xestor da web enclavedecine.com
As categorías, un total de vinte e cinco corresponden a: longametraxe, guión, dirección, actriz protagonista e de reparto, actor protagonista e de reparto, dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, montaxe, realización, son, música orixinal e vestiario.
Igualmente: curtametraxe, curtametraxe de animación, documental, serie de televisión, serie web, programa de televisión, anuncio pulicitario, videoclip e comunicador/a.