'Paisajes progresivos' #75. Rock progresivo francés de onte e hoxe (3)

Paisajes progresivos
07 de xuño 2026
Músicos e bandas do rock progresivo francés nos 'Paisajes progresivos' Alberto Pazo

De volta aos monográficos esta edición pon rumbo, e van tres, ao país galo.

Alberto Pazo propón "unha nova inmersión nos especiais sons que nos chegan desde Francia".

"Músicos e bandas diversos, ás veces pondo o acento no dramático e o teatral, outras veces incidindo no técnico e no complexo, sempre sen deixar indiferente a quen os escoita".

"Nesta edición lembramos a Mona Lisa e Versailles, nunha liña estilística moi parecida. Seguimos cos fascinantes Taal e cos inclasificables Magma, creadores do zeuhl".

"4/3 de Trio e Nil, son dous exemplos de grupos que nos deixaron grandes traballos pero que non tiveron continuidade. Por último, Chance e Siiilk son dous proxectos que seguen vivos e que nos levan a mundos onde impera a melodía amable. Espero que o gocedes".