Paisajes progresivos #71. Ecos do sol nacente. Mirada ao rock progresivo xaponés (2)

Paisajes progresivos
10 de maio 2026
Actualizado: 11 de maio
Segundo episodio de 'Paisajes progresivos' dedicado ao rock progresivo xaponés
Segundo episodio de 'Paisajes progresivos' dedicado ao rock progresivo xaponés / Alberto Pazo

Alberto Pazo volve levarche aos sons que chegan de Xapón e no que ao rock progresivo refírese.

"Bandas e músicos de onte e de hoxe que marcaron pegada coa súa particular maneira de entender o rock progresivo, sempre fascinantes, sempre interesantes".

Soan Bi Kyo Ran e a súa interpretación do legado crimsoniano; Asturias e o seu academicismo impecable; o power trio Baraka; os delicados Fromage e os seus sucesores Cinema.

Seguen Teru's Symphonia, Vermillion Sands e Pageant, que inciden tamén na vertente máis melódica e evocadora.

Mr. Sirius, que exploran o camiño do jazz rock e o Canterbury; e uns auténticos herdeiros de Camel, TEE. Que os gocedes como se merecen".