'Paisajes progresivos' #81. De todo un pouco para o verán

Paisajes progresivos
26 de xullo 2026
Selección de 'Paisajes progresivos' neste episodio
Selección de 'Paisajes progresivos' neste episodio /

Nesta última edición da tempada, Alberto Pazo propón un programa variado con temas de diversos estilos para soportar os longos días e os eternos atardeceres estivais.

"É unha estación luminosa pero tamén con certas sombras. Comezamos lembrando un gran tema de Happy the Man e seguimos, desde as terras onde case non se pon o sol escoitando dúas propostas moi distintas, a de Panzerpappa e a de Gazpacho".

"Coñecemos o máis novo dunha banda histórica como Castarnac e entretémonos coa espectacular maneira que tiveron os Spock's Beard de celebrar o seu vixésimo aniversario".

"Seguimos cos sons electrónicos e ambientais de Fabio Zuffanti, e cos reis do summer prog, Moon Safari".

"Despedímonos cunha delicia de Jon and Vangelis. Que o gocedes e que pasedes un feliz verán".

Alberto Pazo e 'Paisajes progresivos' comezarán nova tempada en setembro.