Cara a cara #724. Rock Stats, unha app para xogos de mesa

Cara a cara
10 de xullo 2026
Miguel Ángel Ferreira máis Guillermo Cerviño
Miguel Ángel Ferreira máis Guillermo Cerviño / PontevedraViva

Guillermo Cerviño Porto e Miguel Ángel Ferreira Lorenzo levan o tres últimos anos inmersos nun proxecto do sector das apps (aplicacións dixitais).

O pasado marzo puxeron Rock Stats nos stores de Apple e Android. En pouco máis de tres meses contabilizan máis de mil usuarios na app.

Trátase dunha aplicación para xogos de mesa, non confundir cunha versión online de xogos de mesa. Está dirixida a calquera persoa 'jugona' que queira ter rexistradas as súas partidas con resultados e estatísticas das mesmas.

Ademais, permite crear comunidades de xogadores, chats, subir imaxes das partidas, organizar reservas para eventos de xogos de mesa e perfílase como rede social deste tipo de xogadores.

Estes dous pontevedreses falan no podcast da iniciativa e do progresivo auxe dos xogos de mesa como proposta de lecer.