Conversas na Ferrería #243: Series e Emmys

Conversas na Ferrería
10 de setembro 2025
Julio C. Piñeiro, Lorena Romero máis Seve Casalderrey en PontevedraViva Radio
Julio C. Piñeiro, Lorena Romero máis Seve Casalderrey en PontevedraViva Radio / PontevedraViva

As 'Conversas na Ferrería' sintan a tres invitados para charlar sobre series de televisión. Concretamente as que están nomeadas nas principais candidaturas dos Premios Primetime Emmy. Unha gala que chega á súa 77 edición e que terá lugar este próximo domingo 14 de setembro.

A través das plataformas de pago en streaming, o público español dispón desta oferta cinematográfica. Nesta ocasión participan no faladoiro a artista multidisciplinar Lorena Romero; o crítico de cine Severiano Casalderrey e Xullo C. Piñeiro, que ofrece información e crítica de cine, televisión e música na web enclavedecine.com

Aínda que previamente á gala dominical do día 14 xa se desvelaron os gañadores nalgunhas das categorías propostas, - e que se sinalan durante o episodio deste podcast - hai cinco títulos que concentran o maior número de nomeamentos.

A que aglutina máis candidaturas é a segunda tempada de 'Severance' con 27; séguelle a miniserie 'The penguin' con 24; e hai tres series con 23 nomeamentos cada unha: a comedia 'The studio' na súa primeira tempada e clasificadas como dramáticas 'The white lotus' na súa terceira tempada e a segunda de 'The last of us'.

Aínda que parece ser que os títulos nacionais están entre o cinco máis vistos polo público español, a partir do sexto lugar están 'El juego del calamar', 'Adolescence' que tamén está ben situada nos Emmy, 'The last of us', 'Yelowstone', 'Severance' e 'Andor', unha precuela de Star Wars.