Cara a cara #687. Sheila Patricia publica o álbum 'Epifanía'

Cara a cara
20 de decembro 2025
A cantante e compositora redondelá, Sheila Patricia
A cantante e compositora redondelá, Sheila Patricia / Nora Galván

A cantante e compositora galega Sheila Patricia volve a PontevedraViva Radio para falar do seu novo álbum.

'Epifanía' é o título escollido para o traballo que acaba de publicar este mesmo decembro e que vai "fiado en cinco capas que conforman o resultado final", explica.

Nútrese dunha diversidade sonora, aínda que sexan temas "moi baseados na guitarra e a voz". Uns máis fusionados con sons actuais, outros máis pegados aos tradis, as músicas de raíz.

'Epifanía' é revelación pero é igualmente experiencia, da muller e da artista "despois de vinte anos dedicándome a isto e de doce anos estando nos escenarios".

Tras 'Orixe', o seu primeiro longa duración lanzado en 2022 e varios sinxelos até agora, con este segundo álbum tamén percorrerá os escenarios.