Cara a cara #684. Xoán Fórneas tamén é O Xoán

Cara a cara
03 de decembro 2025
O actor debuta na música como O Xoán
O actor debuta na música como O Xoán / Xoán Fórneas

O Xoán é o alter ego de Xoán Fórneas na escena musical. Aínda que se coñeceu primeiro ao actor, el afirma que antes fora o músico.

Acaba de presentar 'Ferido', un single de presentación do que está por vir. O que virá será xa no 2026.

Compón en galego e así seguirá sendo: "na miña lingua materna".

En canto a estilo, soa a pop electrónico; pero coidado, deixa caer que haberá outros xéneros musicais.

O sinxelo vén acompañado de videoclip cunha escenografía coral e moi cinematográfica que foi gravado en Lugo, a súa lugar de orixe.