Cara a cara #646. Sabela Senn Lozoya e 'La décima musa'

Cara a cara
16 de maio 2025
Actualizado: 10:57
Sabela Senn Lozoya
Sabela Senn Lozoya / Mónica Patxot

A pontevedresa Sabela Senn Lozoya publica esta semana a súa primeira novela. Esta musicoterapeuta, violinista e pedagoga de linguaxe musical pon en librarías 'La décima musa'.

Un título que refire ao sobrenome que deu Safo de Lesbos. Muller grega que viviu no 400 a.c. e que se dedicou á poesía, entre outras disciplinas das artes clásicas.

Sabela recrea a aquela muller, desde a súa adolescencia, nunha sociedade, onde a cidadanía e o feito de ser muller tiñan unha consideración moi diferente á actual.

Un nome propio que deu lugar ao termo safismo e que refire á bisexualidad e o lesbianismo.

Amor, liberdade, creación artística, desexo sen etiquetas, "loita silenciosa de quen se atreve a vivir fóra do molde" plásmanse neste libro do que falamos coa súa autora.