En palabras do autor de 'La caza del ejecutor', o xornalista Vicente Vallés, a súa nova novela é "unha recreación na ficción de feitos que son moi reais".
Esta historia arrinca en 2024, nun paraíso turístico onde aparece morto un xerarca ruso xunto á súa familia. O suceso pode parecer unha cousa, pero resulta ser outra. Non serán as primeiras mortes que se vaian producindo e todas teñen un nexo.
Nese discorrer percórrese o taboleiro mundial da xeopolítica "onde se xoga, en segredo, o futuro do mundo". Para quen teña lida xa a súa novela previa, 'Operación Kazán' reencontraranse con algún que outro interviniente coñecido.
Teresa Fuentes, axente do CNI e Pablo Perkins, homólogo da CIA volven verse inmersos noutra trama de espías.
Charlamos neste podcast con Vicente Vallés sobre este reto entre verdades e ficcións que expón na súa nova publicación. Unha novela absolutamente inquietante.