Cara a cara #677. Vicente Vallés con 'La caza del ejecutor'

Cara a cara
08 de novembro 2025
O xornalista Vicente Vallés publica 'La caza del ejecutor'

En palabras do autor de 'La caza del ejecutor', o xornalista Vicente Vallés, a súa nova novela é "unha recreación na ficción de feitos que son moi reais".

Esta historia arrinca en 2024, nun paraíso turístico onde aparece morto un xerarca ruso xunto á súa familia. O suceso pode parecer unha cousa, pero resulta ser outra. Non serán as primeiras mortes que se vaian producindo e todas teñen un nexo.

Nese discorrer percórrese o taboleiro mundial da xeopolítica "onde se xoga, en segredo, o futuro do mundo". Para quen teña lida xa a súa novela previa, 'Operación Kazán' reencontraranse con algún que outro interviniente coñecido.

Teresa Fuentes, axente do CNI e Pablo Perkins, homólogo da CIA volven verse inmersos noutra trama de espías.

Charlamos neste podcast con Vicente Vallés sobre este reto entre verdades e ficcións que expón na súa nova publicación. Unha novela absolutamente inquietante.