Eleccións Galegas

A Policía Nacional na Audiencia Provincial

A quen votaron os emigrantes pontevedreses? A resposta: nunhas horas

29/10/2012
Pontevedra

Ás 8.00 horas deste luns 29 de outubro comezará ou reconto e ao longo da mañá coñecerase o resultado. Por que partido político votaron os pontevedreses na diáspora nas eleccións autonómicas do 21-0? Reproducirán o esquema de repartición de votantes que deixou o reconto dos votos en urna na xornada...

Natalia Puga

O pontevedrés Guillerme Vázquez deixa a portavocía nacional do BNG

27/10/2012
Pontevedra

Guillerme Vázquez deixará de ser portavoz nacional do BNG ao término do Consello Nacional da agrupación nacionalista que comezou este sábado en Santiago de Compostela e que rematará coa celebración dunha asemblea extraordinaria.  O que foi concelleiro do BNG no Concello de Pontevedra en 1995 e, posteriormente, entre 2003 e 2009,...

Natalia Puga

Recrimina a dúas universitarias por votar ao PP e agrédeas

27/10/2012
Pontevedra

Dúas mozas pontevedresas foron supostamente vítimas dunha agresión polo sentido no que emitiron o seu voto nas eleccións autonómicas do domingo. A agresión produciuse cando viaxaban en autobús entre a Universidade de Vigo e Pontevedra na noite do mércores. Segundo informa López Penide no xornal La Voz de Galicia, a discusión...

PontevedraViva
A Policía Nacional na Audiencia Provincial

Trinta persoas contarán dende o luns un máximo de 8.000 votos emigrantes

25/10/2012
Pontevedra

Un equipo de entre 28 e 30 persoas comezarán ás 8.00 horas da mañá do luns 29 de outubro o reconto do voto emigrante na Audiencia Provincial de Pontevedra. Fontes da Xunta Electoral Provincial indicarón que terán que contar un máximo de 8.000 votos. Este é o número de electores residentes...

Natalia Puga
Resultados electorais na provincia de Pontevedra

Louzán: ⿿Beiras derrotouse a si mesmo con carácter retroactivo⿝

22/10/2012
Pontevedra

O presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, Rafael Louzán, referiuse hoxe ao resultado obtido nas eleccións galegas por Alternativa Galega de Esquerdas asegurando que "Beiras se derrotou a si ata con carácter retroactivo". Segundo Louzán, o que o histórico dirixente nacionalista chama "no colmo do desvarío" derrota do PP "non...

Oskar Viéitez
Resultados electorais na provincia de Pontevedra

O PPdeG arrasa en Pontevedra ao gañar en 60 dos 62 concellos

22/10/2012
Pontevedra

Como dicía Rafael Louzán no seu discurso, os resultados do PPdeG na provincia de Pontevedra son fantásticos. Foi o partido máis votado en 60 dos 62 concellos pontevedreses. O PSdeG-PSOE impúxose na Illa de Arousa e en Fornelos de Montes. Pero neste último concello, por tan só sete votos. No cómputo...

PontevedraViva
Juan Fajardo e candidatos de AGE reparten propaganda electoral en Pontevedra

Juan Fajardo (AGE): "ÿ un resultado histórico"

21/10/2012
Pontevedra

"Para Alternativa é un resultado histórico". O cabeza de lista por Alternativa Galega de Esquerdas por Pontevedra, Juan Fajardo, dá un pequeno respiro ao ambiente de euforia que o rodea para atender ao teléfono. Está na sede de Esquerda Unida en Vigo e disponse a desprazarse ata Vilagarcía de Arousa,...

Natalia Puga
O candidato do BNG, Luis Bará co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

Lores: "ÿ incomprensible que o PP cun desastre de Goberno volvera gañar"

21/10/2012
Pontevedra

"Os resultados obviamente en Galicia son malos", resumiu o alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, "baixamos, que imos dicir". O único consolo que atopou o rexedor foi que no municipio e na comarca os resultados para a súa formación foron "bos", un cualificativo que se sustenta en base á subida en...

Oskar Viéitez
Alberto Núñez Feijóo celebrando a vitoria electoral xunto a Alfonso Rueda e Pedro Puy

Feijóo amplía a súa maioría absoluta e Beiras supera ao BNG

21/10/2012
Pontevedra

O PPdeG de Alberto Núñez Feijóo logrou superar o desgaste propio dun partido que goberna en plena crise, das medidas de austeridade que puxo en marcha dende que chegou á Xunta de Galicia en 2009 e de ter en Madrid a un partido que leva meses aplicando políticas de recortes...

Natalia Puga
Identidad corporativa das eleccións galegas 2012

Eleccións Galegas 2012: Así viviu PontevedraViva a xornada electoral do 21-O

21/10/2012
Pontevedra

23:56 h: Rematamos este seguemento en directo da xornada electoral cos datos da cidade de Pontevedra. Nela, o PPdeG obtivo o 15.851 votos, un 38,33% (20.566 e un 44,94% no 2009). Finalmente, o PSdeG-PSOE mantivo a segunda praza ao acadar 7.770 votos, o 18,78%, (14.170 votos e o 30,96% no...

PontevedraViva
José Manuel Civeira votando no colexio Sagrado Corazón

Civeira (PSOE) destaca a importancia de votar, en especial "por parte dos novos votantes"

21/10/2012
Pontevedra

A "impotancia" de exercer o dereito ao voto dominou o discurso dos candidatos de PSdeG-PSOE pontevedreses. Os números 2 e 7 da candidatura socialista, Patricia Vilán e José Manuel Civeira, votaron a media mañá na cidade do Lérez acompañados por compañeiros de partido e insistiron no crucial que resulta facer...

Natalia Puga
Natalia Puga
A Ministra de Fomento, Ana Pastor, facendo cola para poder votar

21 Outubro: para o PP non é un Domingo calquera

21/10/2012
Pontevedra

Será por aquilo de ⿿a quen madruga Deus axuda⿿ que o presidente local do Partido Popular, Telmo Martín, foi dos primeiros en achegarse a votar. Acompañado da súa muller, Loli, comentaba preocupado o pouco ambiente que había en relación a comicios anteriores. Foi un visto e non visto porque Telmo ía...

Oskar Viéitez
Miguel Fernández Lores votando no colexio electoral da Casa da Cultura de Marcón

Lores, único que confía en que a abstención non será "moito maior" do habitual

21/10/2012
Pontevedra

O medo á abstención e a que as cifras de participación sufran un forte descenso neste 21-O é común entre os representantes e candidatos de todos os partidos políticos. O BNG non é unha excepción, pero o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, votou cun visión máis optimista que...

Anxo Lourido
Natalia Puga
Identidad corporativa das eleccións galegas 2012

Case 780.000 pontevedreses, chamados a votar nas eleccións deste domingo

20/10/2012
Pontevedra

Todo está preparado xa para as eleccións deste domingo. Dos case 2,3 millóns de galegos que están chamados a votar nestes comicios galegos, case 780.000 son electores da provincia de Pontevedra. En concreto, 778.785 pontevedreses teñen dereito ao voto. Son 3.908 máis que na anterior cita electoral de 2009. A...

Alejandro Espiño

Rubalcaba: "Ganar está en nuestras manos. Meigas fóra!"

19/10/2012
Pontevedra

E por que non o fixeron no Recinto Feiral? Esa era a pregunta dunha señora que avanzaba con dificultades na longa ringleira que se formou no Teatro Principal antes das oito da tarde. O espazo quedou pequeno. Ducias de persoas tiveron que seguir o mitin do secretario xeral do PSOE de...

Anxo Lourido
Juan Fajardo e candidatos de AGE reparten propaganda electoral en Pontevedra

Juan Fajardo (AGE): "A única alternativa ao goberno do PP é a nosa"

19/10/2012
Pontevedra

"O feito de que a campaña esté bipolarizada entre PP e Alternativa Galega de Esquerdas demostra que a única alternativa é a nosa". Así de contundente mostrouse, no último día de campaña, Juan Fajardo, candidato da coalición formada por A Nova, Esquerda Unida, Equo e Espazo Ecogaleguista. "Empezamos sendo unha...

PontevedraViva

Alfonso Rueda: "El domingo nos van a mirar con lupa desde todas partes"

19/10/2012
Pontevedra

O secretario xeral do PpdeG, Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza con empresarios pontevedreses de hostelería e turismo no edificio do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. O coordinador de campaña dos populares admite que aínda están traballando para obter a maioría absoluta "no confiamos hasta que veamos el resultado electoral....

Anxo Lourido
Alfredo Pérez Rubalcaba e Pachi Vázquez no mitin celebrado este mércores en Vigo

Rubalcaba arroupará a Pachi Vázquez no peche de campaña do PSdeG-PSOE en Pontevedra

18/10/2012
Pontevedra

Alfredo Pérez Rubalcaba estará finalmente en Pontevedra. O secretario xeral do PSOE fixo un oco na súa apertada axenda para mitinear na cidade, a única das sete grandes cidades galegas, nas que aínda non estivera en campaña. E farao ao grande. Aínda que nun principio plantexouse unha intervención máis modesta debido...

PontevedraViva

Bará (BNG) chama a participar nos asuntos públicos, "especialmente nos momentos críticos"

17/10/2012
Pontevedra

"A participación da sociedade na xestión dos asuntos públicos é un factor fundamental, especialmente nos momentos máis críticos". Foi a principal mensaxe que trasladou o candidato BNG, Luis Bará, durante o encontro que mantivo con representantes das federacións de veciños Castelao e Teucro. Luís Bará destacou a repercusión que, segundo a...

PontevedraViva
Elena Muñoz e Alfonso Rueda, entre outros, mantiveron un encontro con empresarios da cidade

O PP presume de xestión ecónomica ante os empresarios de Pontevedra

17/10/2012
Pontevedra

O apoio aos emprendedores seguirá sendo prioritario para a Xunta de Galicia se o Partido Popular gaña as eleccións do próximo domingo. Asegurouno a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, número 4 da candidatura do PP por Pontevedra, durante a xuntanza que mantivo, na Casa das Campás, con empresarios da cidade...

Alejandro Espiño

A Media Maratón pechará o acceso en coche a sete colexios electorais o 21-O

16/10/2012
Pontevedra

A coincidencia da Media Maratón Cidade de Pontevedra coa xornada electoral o vindeiro domingo 21 de outubro dificultará o acceso en coche a sete colexios electorais do centro entre as 9.30 e as 13.30 horas. A Policía Local porá en marcha un dispositivo que permitirá, de todas maneiras, o acceso...

PontevedraViva
José Manuel Civeira e Patricia Vilán visitaron o Ambulatorio Virxe Peregrina

"Con Núñez Feijóo, a sanidade vai acabar nunha UVI privada", denuncia o PSdeG-PSOE

16/10/2012
Pontevedra

"Se sigue esta deriva de Núñez Feijóo, a sanidade pública vai acabar na UVI, pero nunha UVI privada". Esa foi a principal denuncia do candidato do PSdeG-PSOE, José Manuel Civeira. Tras visitar xunto a Patricia Vilán o Hospital de Montecelo e o Ambulatorio Virxe Peregrina, os socialistas presentaron as súas...

PontevedraViva
Toni Cantó probou co rastrillo co que traballan as mariscadoras

Toni Cantó, como unha mariscadora máis

16/10/2012
Poio

"Canta expectación! Non será por nós? Mira que vimos sen pintar!", bromeaban a primeira hora da mañá as mariscadoras de Campelo. Ninguén as avisou. Non sabían que Toni Cantó, deputado de UPyD, acompañaríaas hoxe. "Eu preferiría, sinceiramente, que viñera Belén Esteban", dicía unha delas. Pero só era unha pouse. Cando...

Alejandro Espiño
Jacobo Moreira, voceiro do grupo municipal del PP en Pontevedra

O PP volverá a recorrer o arquivo da causa contra Lores

15/10/2012
Pontevedra

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, anunciou que recorrerá de novo a decisión da Xunta Electoral  de zona de arquivar a denuncia dos populares contra o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) por un acto sobre a crise celebrado o pasado 11 de setembro...

Oskar Viéitez
Rolda de prensa da Plataforma SOS Sanidade Pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública entra na campaña electoral

15/10/2012
Pontevedra

Ante a próxima confrontación electoral a plataforma SOS Sanidade Pública fai pública a súa posición sobre "o proceso de deterioro sufrido nos últimos anos polo sistema sanitario público". A grandes trazos esta plataforma define dúas posicións confrontadas en relación coa política sanitaria: "Unha corrente progresista que entende a sanidade pública como...

Oskar Viéitez

A Xunta Electoral arquiva a denuncia de Jacobo Moreira contra Lores

15/10/2012
Pontevedra

A reunión que Miguel Fernández Lores mantivo na Casa das Campás con distintos colectivos o pasado 11 de setembro para analizar a situación económica non infrinxe a normativa electoral. No auto, a Xunta Electoral de zona non ten en conta a denuncia presentada polo voceiro local do PP, Jacobo Moreira. No...

Anxo Lourido

De zapaterías por Pontevedra

13/10/2012
Pontevedra

- Cospedal! - No, Soraya. Coñecida pero non recoñecida. Así debeu sentirse a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, cando unha señora se lle achegou para saudala confundíndoa coa presidenta de Castela-A Mancha. Era o inicio dun curioso paseo de campaña electoral do Partido Popular por Pontevedra. A política de Valladolid percorría...

Anxo Lourido
De esquerda a dereita, Juan Carlos Piñeiro, Perfecto Rodríguez, Agustín Hernández e Jorge Cubela

Cotobade, Ponte Caldelas e A Lama pechan unha lexislatura con 45,6 millóns en infraestructuras

11/10/2012
Pontevedra

Rematada a lexislatura autonómica e inmersos en plena campaña electoral, "toca facer balance". O conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, fíxoo cunha reunión con representantes dos concellos de ponte Caldelas, Cotobade e A Lama e reportou que durante os últimos tres anos e medio o investimento do seu...

PontevedraViva
Reunión das traballadoras de Alfageme con representantes de El Consorcio

PP e BNG converten a crise de Alfageme nun ring político

11/10/2012
O Salnés

As candidatas do PPdeG e do BNG por Pontevedra ás eleccións autonómicas do 21 de outubro, Marta Rodríguez e Rosa Abuín iniciaron nas últimas horas unha agria polémica a costa da situación de Alfageme. Abuín afirmou que a Xunta pretende desmantelar a conservera, que se atopa nun proceso concursal, e acusou...

Oskar Viéitez

Bará (BNG) súbese ao tren para reclamar un servizo máis frecuente de cercanías

10/10/2012
Pontevedra

"Reivindicar un servizo ferroviario de cercanías entre Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e un transporte público colectivo de alta calidade". ÿ unha reivindicación permanente do BNG. No sexto día de campaña electoral, o candidato número catro da lista nacionalista en Pontevedra, Luis Bará, achegouse ata o mesmo tren para recordalo. Bará realizou...

PontevedraViva
Pachi Vázquez, candidato do PSdeG-PSOE, na xuntanza con empresarios de Pontevedra

Pachi Vázquez: ⿿Se o PP da marcha atrás con ENCE, estaría traizoando aos galegos⿝

10/10/2012
Pontevedra

ENCE si, pero fóra da Ría de Pontevedra. Ese segue sendo o plantexamento do PSdeG-PSOE con respecto ao complexo industrial de Lourizán. Pero dubidan que sexa tamén o do Partido Popular. O seu candidato á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, recordou que os populares asinaron no Parlamento que ENCE non...

Alejandro Espiño
Miguel Anxo Fernández Lores

Fernández Lores á Xunta Electoral: "Nós non vendemos contratos con Pemex"

09/10/2012
Pontevedra

Que se sobresea o procedemento sancionador e se arquiven as actuacións, sen máis trámite. ÿ a petición que fai o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, á Xunta Electoral de Zona. ÿ a conclusión do recurso presentado ante o expediente sancionador aberto contra el por criticar os recortes realizados pola...

Alejandro Espiño
Alfonso Rueda, Telmo Martín e Jacobo Moreira reparten propaganda electoral nas galerías da Oliva

Alfonso Rueda acusa a Pachi Vázquez de "poñer en perigo" os contratos de Pémex

09/10/2012
Pontevedra

Alfonso Rueda critica que o PSdeG-PSOE siga poñendo en dúbida os contratos de Pémex, malia que durante o debate electoral Alberto Núñez Feijóo mostrara unha carta formada polos máximos responsables da empresa "decindo que o contrato está vixente e que se vai facer sen ningún problema". Segundo o PP, Pachi...

Alejandro Espiño

Para os socialistas a xestión deportiva de Pontevedra é exemplar

09/10/2012
Pontevedra

Os candidatos socialistas pola provincia de Pontevedra, Patricia Vilán e Xosé Manuel Civeira, poñen como exemplo a "espléndida"⿝ xestión deportiva do Concello de Pontevedra. Esta área é competencia do concelleiro, Agustín Fernández, do PSOE. Durante unha visita aos campos de herba da Xunqueira, Civeira asegurou que o traballo que se vén realizado...

Diego Espiño

Pontevedra, tamén pendente do debate entre Núñez Feijóo e Pachi Vázquez

08/10/2012
Pontevedra

O debate electoral entre Alberto Núñez Feijóo e Pachi Vázquez tamén paralizou toda a actividade de campaña nas filas pontevedresas. Nin PPdeG nin PSdeG-PSOE celebraron ningún tipo de mitin nin acto público. Os candidatos de ambos partidos fixeron un alto na súa frenética actividade electoral para presenciar, nas súas respectivas...

Alejandro Espiño
Pilar Rojo e Jacobo Moreira repartiron propaganda electoral do PP polas rúas de Pontevedra

Pilar Rojo destaca que o PP "é o que ten unha proposta única, seria e solvente"

08/10/2012
Pontevedra

A maquinaria electoral dos partidos segue a pleno ritmo e a falta de mitines electorais, bos son os paseos pola cidade. Iso é o que fixeron nesta xornada os candidatos do Partido Popular, Pilar Rojo e Jacobo Moreira, quen acompañados polo presidente local do partido, Telmo Martín, protagonizaron un reparto...

PontevedraViva
Daniel Rodas, Iria Aboi, Bieito Lobeira e Pilar Blanco diante do cartel reivindicativo

Candidatos do BNG reclaman en Marín a construción dun Centro de Saúde

08/10/2012
Marín

"Tres anos de mentiras. O pobo de Marín reclama Centro de Saúde xa". ÿ o lema co que os candidatos do BNG de O Morrazo, Daniel Rodas, Iria Aboi e Bieito Lobeira, e os concelleiros nacionalistas en Marín, protagonizaron un acto reivindicativo para reclamar á Xunta de Galicia a construción...

PontevedraViva
O presidente do Goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, arropado por 12.000 persoas nun mitin en Pontevedra

Rajoy asegura que apoiar a Feijóo será "votar por la unidad de los españoles"

06/10/2012
Pontevedra

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, comprometeuse a "seguir diciendo la verdad a todos los españoles". Nun mitin celebrado na Praza de touros de Pontevedra, Rajoy aplaudiu ao candidato do PP á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, poñéndoo como exemplo por situar a Galicia á cabeza de España na saída...

Oskar Viéitez

Toxo e Méndez critican á Xunta electoral de Pontevedra

06/10/2012
Pontevedra

Os líderes dos dous principais sindicatos estatais, Ignacio Fernández Toxo (CCOO) e Cándido Méndez (UGT), criticaron a decisión da xunta electoral de Pontevedra de prohibir as manifestacións durante a campaña electoral. "hay una deriva en algunos sectores muy peligrosamente antidemocrática" "Aquí se está intentando introducir un debate en la opinión pública española...

Oskar Viéitez
O guindastre leva un vehículo

Dispositivo especial de tráfico polo mitin de Rajoy

05/10/2012
Pontevedra

Con motivo do mitin do Partido Popular de Galicia na praza de touros de Pontevedra a policía local habilitou un dispositivo especial de tráfico. Segundo o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, espérase que acudan unhas 12.000 persoas ao coso de San Roque. Segundo a policía local, ao redor de 180 autobuses...

Oskar Viéitez
Luis Bará e Miguel Fernández Lores, no lugar onde se construirá o hospital de Monte Carrasco

Bará sinala a Monte Carrasco, coma "o paradigma das mentiras do PP"

05/10/2012
Pontevedra

"Paralizar a inversión de Montecelo e a idea de facer un hospital novo o que fixo foi levar adiante o seu propósito de non invertir en Pontevedra". Esta é a interpretación coa que o BNG deu comezo á súa campaña electoral. O número catro pola lista nacionalista para o Parlamento...

Natalia Puga

Fajardo (AGE) aposta por crear emprego no mar, no gando e na dependencia

05/10/2012
Pontevedra

Juan Fajardo, cabeza de lista por Pontevedra de Alternativa Galega de Esquerdas (Esquerda Unida ⿿ Anova), mantivo unha xuntanza con representantes da formación en Pontevedra co compromiso de que os problemas reais dos cidadáns poidan chegar ao Parlamento de Galicia. Afirma que ⿿nos últimos anos está alleo ao que lle...

PontevedraViva
O secretario xeral do PPdeG. Alfonso Rueda na Praza de Touros de Pontevedra

O PP esixe invitación para acudir ao mitin de Rajoy en Pontevedra

05/10/2012
Pontevedra

Aínda que o presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, asegurou que se trata de "unha elegancia" o secretario xeral do PP en Galicia, Alfonso Rueda apuntou que "queremos sexa pacífico que se respecte o dereito do Partido Popular a facer os seus actos pacíficamentre do mesmo xeito que nosostros...

Oskar Viéitez

Rosa Díez: "Yo también soy gallega, porque Galicia es España y yo soy española"

05/10/2012
Pontevedra

"Yo también soy gallega, porque Galicia es España y yo soy española. Es parte de mi herencia y de mi vida". Así de contundente mostrouse a portavoz nacional de UPyD, Rosa Díez, no arranque da campaña das eleccións galegas. Foi unha das grandes protagonistas en Pontevedra. Desde aquí, afirmou que...

Alejandro Espiño

21-O: Comeza a campaña das eleccións galegas

05/10/2012
Pontevedra

Xa estamos en campaña electoral. Con puntualidade británica, ás 00:00 horas desta noite, os partidos políticos comezaron a pedir o voto aos cidadáns de cara ás eleccións do próximo 21 de outubro. Por agora, tal e como demostraron na tradicional pegada de carteis na Praza de España, no único no...

Alejandro Espiño
15-M Indígnate Pontevedra

Os indignados examinan os candidatos por Pontevedra

04/10/2012
Pontevedra

Co obxectivo de achegar a comunidade universitaria aos programas electorais dos partidos políticos que se presentan ás vindeiras eleccións autonómicas do 21 de outubro, o colectivo 15-M Indígnate Pontevedra trae ao campus unha nova edición de Pontevedra Pregunta. Trátase dun encontro "fronte a fronte" da cidadanía cos candidatos para o que...

PontevedraViva
Espazos reservados para a propaganda electoral

Os partidos cítanse na Praza de España: comeza a campaña electoral

04/10/2012
Pontevedra

Coa súa cabeza de lista por Pontevedra, Alberto Núñez Feijóo abrindo campaña en Santiago de Compostela, o PP confiou en Alfonso Rueda e Pilar Rojo, números dous e tres da súa candidatura por Pontevedra, para ser os encargados de representar os intereses populares na tradicional pegada de carteis, que se...

PontevedraViva
Rosa Díez, Presidenta de UPyD

Rosa Díez escolle Pontevedra para a apertura de campaña de UPyD de cara ao 21-O

03/10/2012
Pontevedra

A voceira de Unión Progreso e Democracia (UPyD), Rosa Díez, elixiu Pontevedra para o acto de apertura de campaña do seu partido en Galicia na madrugada do xoves ao venres 5 de outubro. UPyD confirma que Díez intervirá no acto de apertura de campaña acompañada polo candidato de UPyD á Presidencia...

PontevedraViva

Francisco Jorquera (BNG) comezará a carreira cara a Xunta en Vilagarcía

03/10/2012
O Salnés

A praza da Peixería de Vilagarcía é o escenario elixido polo BNG como punto de arranque da campaña electoral das eleccións galegas do 21-O. Será este venres, 5 de outubro, ás 20:30 horas, cun acto público no que intervirán, entre outros, o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Francisco...

PontevedraViva
Carlos Aymerich e Luis Bará, candidatos do BNG, durante o encontro cos medios

O BNG reclama que o Goberno transfira Novagalicia Banco á Xunta de Galicia

03/10/2012
Pontevedra

"Reto a que digan tres cousas que fixera ben ou PP nesta lexislatura, negativas venme moitas á cabeza". Así de contundente presentouse ante os medios o candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Carlos Aymerich. ÿ o resumo dunha comparecencia na que destacou que "nunca houbo unhas eleccións tan importantes...

PontevedraViva
O deputado no Congreso, Guillermo Meijón (PSdeG-PSOE)

Meijón asegura que a desinversión de Fomento en Galicia xerará 20.000 parados

02/10/2012
Pontevedra

"A rebaixa dos investimentos para Galicia vai supoñer unha perda de entre 15.000 e 20.000 postos de traballo directo", afirmou o deputado no Congreso, Guillermo Meijón (PSdeG-PSOE). Para Meijón "queda claro" que as políticas aplicadas polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy "en ningún caso apostan polo emprego". Unha cuestión que segundo denunciou...

Oskar Viéitez

O BNG reúnese cos delegados de CIG da comarca pensando no 21-O

02/10/2012
Pontevedra

Traballando de cara á cita coas urnas do próximo 21 de outubro, o Bloque Nacionalista Galego reuniuse en Pontevedra cos delegados sindicais de CIG na comarca para explicar as bases do seu programa electoral. O voceiro nacional do BNG puxo como exemplo das políticas que propoñen a devolución da paga extra...

Diego Espiño

Valeriano Gómez (PSOE) critica en Pontevedra que o Goberno recorra ao Fondo de Reserva

28/09/2012
Pontevedra

O exministro de Trabajo, Valeriano Gómez, criticou desde Pontevedra a intención do Goberno de utilizar o Fondo de Reserva de Pensións, advertindo que o gastarán "en cuatro o cinco años", a pesar do esforzo que "ha costado tanto a empresarios como a trabajadores", pasar de ter 14.000 millóns en 2004...

Alejandro Espiño
Rafael Cuiña, candidato de Compromiso por Galicia, presenta a candidatura por Pontevedra

Rafael Cuiña aposta porque Compromiso por Galicia sexa o ⿿gran partido nacional galego⿝

27/09/2012
Pontevedra

Converterse no "gran partido nacional galego que Galicia leva tempo demandando". Ese é o obxectivo co que Compromiso por Galicia preséntase ás eleccións galegas do 21-O. Son, segundo o seu cabeza de lista por Pontevedra, Rafael Cuiña, un partido "profundamente galeguista e progresista" e un "desafío aos partidos políticos tradicionais". "Nós...

Alejandro Espiño
Alberto Núñez Feijóo posa coa candidatura do PP pola provincia de Pontevedra

Núñez Feijóo e catro dos seus conselleiros encabezan a lista do PP por Pontevedra

24/09/2012
Pontevedra

"De oito conselleiros temos catro aquí e de nove que conformamos ou Goberno estamos cinco. Pode haber Consello da Xunta en Pontevedra porque temos quórum". Con esta carta de presentación mostrouse ante os afiliados e militantes o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na posta de longo da súa candidatura...

Natalia Puga