Entroido 2018

Desfile de Entroido de Pontevedra 2018

Salcedo pon fin ao Entroido en Pontevedra

02/03/2018
Pontevedra

A parroquia de Salcedo celebrará este sábado 3 de marzo, a partir das 17.00 horas, a sexta edición do seu particular entroido. Todas as actividades, organizadas pola SCD Salcedo, terán lugar nos arredores da Casa Verde. O Entroido de Salcedo comezará co desfile de comparsas, carrozas, grupos e demais participantes. Partirá...

PontevedraViva
Enterro do Galo Bruxo en Samieira

Samieira despide o símbolo do seu Entroido: o Galo Bruxo

25/02/2018
Poio

O mal tempo impediu no seu día que o Galo Bruxo puidese desfilar en todo o seu esplendor por Samieira. Pero este domingo desquitouse. O símbolo do Entroido desta parroquia de Poio protagonizou hoxe un novo acto festivo no municipio, o seu propio enterro. O Enterro do Galo Bruxo, organizado pola...

PontevedraViva
Diego Torrado
Enterro do Mexillón en Combarro

Combarro di adeus ao seu mexillón cun animado enterro

25/02/2018
Poio

O Entroido de Poio, o máis longo da comarca, encara a súa recta final. Fíxoo co tradicional Enterro do Mexillón que, un ano máis, celebrouse en Combarro. Centos de persoas participaron no desfile acompañando ao defunto que, posteriormente, foi incinerado na Praza da Chousa. E todo iso baixo unha mañá asollada...

PontevedraViva
Diego Torrado
Noite Pirata 2018

Unha intensa Noite Pirata despide o Entroido pontevedrés

25/02/2018
Pontevedra

A tripulación do Burla Negra volveu a navegar polo centro histórico de Pontevedra. Iso si, dez despois do previsto inicialmente. A Boa Vila mostrou este sábado o seu lado máis canalla coa celebración dunha nova edición da súa Noite Pirata. Benito Soto, o popular pirata da Moureira, enfrontouse un ano máis...

PontevedraViva
Diego Torrado
Enterro da cabra, en Vilalonga

Vilalonga despide o seu Entroido co tradicional Enterro da Cabra

24/02/2018
Sanxenxo

O entroido chegou á súa fin en Vilalonga. Fíxoo, do mesmo xeito que moitos outros lugares da comarca, máis tarde do previsto polas choivas que obrigaron a aprazar desfiles, festivais e enterros das súas respectivas "mascotas". Ese foi o caso desta parroquia de Sanxenxo, que demorou ata este venres o  Enterro...

PontevedraViva
Mostra da Parodia 2018

A retranca enche as rúas de Pontevedra coa Mostra da Parodia

24/02/2018
Pontevedra

Unha semana máis tarde o previsto, polas choivas que obrigaron a aprazar parte do Entroido pontevedrés, co mesmo humor e igual diversión de sempre. A XXIII Mostra da Parodia do entroido da Boa Vila volveu a alagar de retranca e bo ambiente as principais rúas e prazas do centro histórico. Xa...

Alejandro Espiño
Diego Torrado
Noite Pirata 2017

O tempo dará un respiro para o final do Entroido

23/02/2018
Xeral

O Entroido en Pontevedra rematará esta fin de semana tras ter que ser aprazados a Noite Pirata e o Entroido Infantil debido ás precipitacións, que doutra banda non obrigaron a cambiar o horario de ningunha das outras celebracións. O enterro de Ravachol produciuse o 17 de febreiro, feito que adoita...

David Arana
Presentación do programa do Entroido no Grove

Cortes de tráfico no Grove para celebrar o final do Entroido 2018

23/02/2018
O Salnés

O Concello do Grove restrinxirá o tráfico con motivo da celebración do desfile de Entroido deste sábado 24 de febreiro. A policía local elaborou un dispositivo para asegurar o bo desenvolvemento do festexo, restrinxindo o acceso a vehículos desde as 9:00 horas na Praza do Corgo para preparar a chegada das...

David Arana
Noite Pirata 2017

O bo tempo animará a 'traca final' das festas do Entroido en Pontevedra

21/02/2018
Pontevedra

O mal tempo decidiu dar tregua á cidade. As nubes densas que acompañaron o Entroido deste ano disipáronse, e os paraugas deron paso ás lentes de sol, que xa adornan a cara dos pontevedreses. Ante ese panorama favorecedor, o Concello de Pontevedra deu vía libre á celebración dos actos que...

Alejandra Iannone
Gran desfile do Entroido en Sanxenxo

Espectacular desfile do Entroido en Sanxenxo

19/02/2018
Sanxenxo

O bo tempo acompañou ao gran desfile de disfraces do Entroido de Sanxenxo en que se rexistrou unha alta participación. Ao longo da tarde, os integrantes de comparsas e os participantes individuais percorreron o tramo entre o centro de Sanxenxo e Portonovo. A imaxinación da comitiva permitía ver recreacións de series...

PontevedraViva
Enterro do loro Ravachol - Entroido 2018

O loro Ravachol morreu. Viva Ravachol!!!

18/02/2018
Pontevedra

Milleiros de persoas acompañaron ao cortexo fúnebre que este sábado despedía á figura do loro Ravachol, falecido nas últimas horas despois dunha semana na que as choivas provocaron un curtocircuíto na instalación eléctrica que lle acompañaba como adorno neste Entroido, causándolle a morte. Os seus comentarios sempre burlescos quedarán no...

PontevedraViva
PontevedraViva
Desfile central do Entroido na Lama 2018

Máis dun milleiro de persoas participan no desfile central do Entroido na Lama

17/02/2018
A Lama

O desfile no municipio da Lama durante a tarde deste sábado 17 de febreiro rompeu todas as previsións. Segundo a organización, máis de 1.200 participantes desfilaron pola ruta establecida ofrecendo un espectáculo de colorido. Tamén miles de persoas achegáronse para contemplar este desfile central aproveitando a xornada con boas condicións meteorolóxicas....

PontevedraViva
Festa do Jato, en Portonovo

Portonovo miaña coa Festa do Jato

17/02/2018
Sanxenxo

A Festa do Jato naceu a principios desta década como unha celebración entre amigos e co paso dos anos, este evento vai contando cada vez con máis seguidores e máis actividades. Diferentes locais de Portonovo implícanse en organizar iniciativas como unha carreira popular perseguindo a unha persoa disfrazada de gato. Os...

PontevedraViva
Enterro do loro Ravachol en Pontevedra

A vestirse de loito para celebrar a morte de Ravachol

17/02/2018
Pontevedra

O loro Ravachol faleceu. Chegaba o pasado luns de Entroido a Pontevedra vestido con luces para iluminar estas festas, pero nas últimas horas falecía electrocutado. A cidade está chamada a participar nas súas honras fúnebres para amosar a dor e o respeto que o personaxe merece. Desde as 12.00 horas, a...

PontevedraViva
María Carrera xunto a Ravachol para A playlist de PontevedraViva Radio

RADIO.-A playlist de María Carrera: "María, querémoste!"

17/02/2018
Pontevedra

Galicia e Andalucía mestúranse no seu adn. A guasa e a retranca conflúen en María Carreira Martínez, circunstancia que ben coñecen todos aqueles que cada ano vena conducir o concurso de murgas de Pontevedra. Nesta Playlist de PontevedraViva Radio coñecemos ademais á actriz, contacontos, deportista, e á gañadora de dous...

Marisa Ciordia
Enterro da Sardiña no Entroido de Marín

Chega a traca final para o entroido familiar de Bueu

16/02/2018
Bueu

O Concello de Bueu celebra esta fin de semana os tradicionais desfiles do Entroido, nos que se repartirán 6.000 euros en premios. Así, o sábado, a partir das cinco da tarde, sairán os máis pequenos no Enterriño da Sardiña dende a Praza Massó, percorrendo as rúas da vila para despois queimar...

PontevedraViva
Enterro da Sardiña no CEIP de Ponte Sampaio

Os centros escolares despiden o entroido

16/02/2018
Pontevedra

Os centros escolares de Pontevedra dixeron adeus á semana de entroido, e fixérono con diferentes actos. Así por exemplo, o CEIP de Ponte Sampaio festexou este venres o seu tradicional enterro da sardiña, no que participaron alumnos de educación infantil e profesores. Durante toda a semana os nenos e nenas elaboraron unha...

PontevedraViva
Destrozos nas lonas da carpa da Alameda

Uns gamberros rachan as lonas da festa do Entroido na Lama

16/02/2018
A Lama

O Concello da Lama informou que efectivos da Garda Civil procederon a abrir dilixencias tras detectarse á primeira hora deste venres graves desfeitas na práctica totalidade das lonas laterais da carpa instalada na Alameda para albergar os actos que terán lugar o sábado con motivo da celebración do desfile de...

PontevedraViva
Participantes na Mostra da Parodia 2017 do entroido de Pontevedra

O mal tempo obriga a adiar unha semana a XXIII Mostra da Parodia

16/02/2018
Xeral

O mal tempo e as intensas choivas previstas para toda a xornada deste venres obrigan a adiar un novo acto da programación do Entroido de Pontevedra, a XXIII Mostra da Parodia. Quedou programada para o próximo venres, 23 de febreiro. A concellería de Festas informou na mañá deste venres desta decisión,...

PontevedraViva
Comparsa 'Val do Lérez' na final do concurso de Murgas 2018

A comparsa 'Val do Lérez' vence o certame de Murgas 2018

16/02/2018
Xeral

A comparsa 'Val do Lérez. E agora que?''resultou vencedora do XXVII Concurso de Murgas do Entroido de Pontevedra tras unha final moi disputada celebrada na noite deste xoves no Pazo da Cultura, na que tamén competían os grupos 'Equipo Ja', 'El Nacimiento de los PTV', 'Leña Verde'e 'Jana de Leria'. O...

PontevedraViva
PontevedraViva
Desfile infantil de entroido de Sanxenxo

Sanxenxo prepárase para a fin de semana grande do seu entroido

15/02/2018
Sanxenxo

As previsións meteorolóxicas melloran para sábado e domingo e Sanxenxo respira con alivio pensando na fin de semana grande do seu entroido. As actividades programadas no municipio arrancarán xa o venres co espectáculo de parodias no porto de Portonovo, a partir das 22:00 horas, unha iniciativa dos propios veciños que busca a...

PontevedraViva
Recreación da botica de don Perfecto Feijoo na Peregrina

Xogos populares para recuperar aqueles anos nos que vivía Ravachol

15/02/2018
Pontevedra

Aqueles anos de finais do século XIX e principios do século XX nos que o papagaio Ravachol vivía na botica de Don Perfecto Feijoo e como eran o seu día a día no negocio e as súas relacións cos pontevedreses volveron a recrearse este mércores na praza da Peregrina. Xogos...

PontevedraViva
Diego Torrado
Cartaz da Festa de vascalleiros de Bueu

Bueu ten unha cita coa tradición este venres coa Festa de Vascalleiros

14/02/2018
Bueu

O Concello de Bueu ten este venres 16 unha cita co Entroido e coa tradición. Dentro da programación festiva desta semana, a partir das 17.00 horas organizarán na carpa da Praza Massó unha Festa de Vascalleiros que contará coa actuación musical de sete pandereteiras do grupo infantil - xuvenil, unha...

PontevedraViva
Desfile do entroido 2017 na Lama

Comparsas de toda a comarca xuntaranse o sábado no "sambódromo" da Lama

14/02/2018
A Lama

A Lama ultima os preparativos para celebrar un entroido que busca converterse en todo un referente na comarca o vindeiro sábado 17 de febreiro. Sete comparsas confirmaron xa a súa presenza no "sambódromo" do municipio: Amoriños de Bora, 100Tolos, Os Canecos, Os da Caña, As Flores do Carnaval, Os Paparrulos e...

PontevedraViva
Primeira eliminatoria do concurso de Murgas 2018

Primeira eliminatoria do Concurso de Murgas, irreverencia e un Pazo ateigado

13/02/2018
Pontevedra

'Os de Noalla', 'Val do Lérez. E agora que?', 'Murga do Naveiro. 50 cuquis de Brey' e ' Tropa de Moncha A Caralla', do Grove. Estas catro comparsas, o seu repaso irónico e retranqueiro á actualidade e a súa irreverencia foron os protagonistas da primeira cita deste Entroido 2018 coas Murgas.  O...

PontevedraViva
PontevedraViva
Ravachol viste de árbore de Nadal para criticar ao "aforrica" de Lores

O loro Ravachol vístese de árbore de Nadal e aconsella a Lores que deixe de ser "aforrica"

12/02/2018
Pontevedra

Tarde despexada para que Ravachol chegase ata a botica de Perfecto Feijoo situada este ano nas proximidades do santuario da Virxe Peregrina. Decenas de persoas seguiron o proceso de vestimenta do loro ata converterse en árbore de Nadal, toda unha crítica ao goberno de Fernández Lores pola escaseza de iluminación...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Festa do Merengue e da Lameiriña en Marín

A Festa do Merengue e da Lameiriña enchen de alegría o centro de Marín

12/02/2018
Marín

Con pasteis de merengue, ovos e fariña, os máis novos de Marín celebraban este luns unha tradicional batalla na rúa Lameira. Trátase da Festa do Merengue e da Lameiriña, que se atopa organizada por Amigos dos Rapaces. O merengue de cores azul, branco e amarelo formaba parte dunha enorme tarta con...

PontevedraViva
PontevedraViva
Noite Meiga no Grove

O Grove quere que o seu entroido sexa Festa de Interese Turístico

12/02/2018
O Salnés

O Concello do Grove acaba de iniciar os trámites para solicitar á Xunta de Galicia a declaración do entroido da vila como Festa de Interese Turístico. O goberno municipal busca así reivindicar a peculiaridade e orixinalidade do seu entroido, unha das tradicións máis arraigadas na vila. Ao mesmo tempo, destacan que esta...

PontevedraViva
Entroido no colexio A Inmaculada de Marín

O colexio A Inmaculada de Marín convértese nun bosque animado de fantasía

12/02/2018
Marín

O colexio A Inmaculada de Marín celebra un ano máis o seu Festival de Entroido. O venres 9 de febreiro, os estudantes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria animaron ao público coas coreografías e o desfile que realizaron no polideportivo O tema seleccionado para esta edición foi "un bosque animado de...

María López Verdial
Actividades do Entroido 2018 en Cuntis

O Entroido tamén invade Cuntis

12/02/2018
Umia

A programación de Entroido non faltou esta fin de semana en Cuntis, cun desfile polas rúas principais da localidade que encheu de humor e alegría a xornada. Esta galería de fotografías recolle algúns dos mellores disfraces e momentos....

PontevedraViva
Final do Certame de Murgas 2017

Oito agrupacións disputaranse o XXVII Concurso de Murgas

12/02/2018
Pontevedra

A programación do Entroido de Pontevedra retomarase este luns despois dunha pequena parada para repoñer forzas durante a xornada do domingo. Farao con dúas citas tradicionais e ineludibles xa para os amantes desta festa, a presentación do disfraz do loro Ravachol e o inicio do XXVII Concurso de Murgas.  A cita co...

PontevedraViva
Gran Desfile de Entroido de Marín 2018

Queres saber quen gañou no desfile de Entroido de Marín?

11/02/2018
Marín

O multitudinario desfile de Entroido de Marín deste domingo non deixou grandes cambios no palmarés de gañadores con respecto ao ocorrido noutras citas como a do sábado en Pontevedra. No podio da categoría máis rechamante, a das comparsas, repiten protagonistas. Así, o primeiro premio foi para Os Solfamidas, cuartos no...

PontevedraViva
PontevedraViva
Gran Desfile de Entroido de Poio 2018

O mal tempo dá unha tregua e permite o gran desfile de Entroido de Poio

11/02/2018
Poio

O mal tempo que se rexistrou en toda a comarca desde a noite deste sábado non foi impedimento para a celebración do gran desfile de Entroido previsto para a tarde deste domingo en Poio.  A intensa choiva caída durante a mañá si obrigou a suspender o desfile do Galo Bruxo previsto...

PontevedraViva
PontevedraViva
Gran Desfile de Entroido de Marín 2018

O gran desfile de Entroido de Marín vence á auga e desborda previsións

11/02/2018
Marín

Nin as previsións de mal tempo nin a choiva que caeu de forma persistente durante toda a mañá lograron desmovilizar aos afeccionados ao Entroido que este domingo tiñan a vista posta en participar no gran desfile de Marín. As precipitacións pararon pouco antes da hora prevista para o evento e...

PontevedraViva
PontevedraViva
Comparsa Os Solfamidas de Campo Lameiro no desfile de Entroido de Pontevedra 2018

Toma nota de quen levou os premios

10/02/2018
Pontevedra

A comparsa Amoriños de Bora fíxose este sábado co premio único extraordinario para grupos e comparsas Ravachol 2018, concedido polo xurado que valorou a todos os participantes no desfile de Entroido que percorreu as rúas de Pontevedra.  A primeira hora da noite o xurado deu a coñecer os premios, que se entregaron...

PontevedraViva
PontevedraViva
Desfile de Entroido de Pontevedra 2018

Non perdas detalle das máis de tres horas do desfile de Entroido 2018

10/02/2018
Pontevedra

Os pontevedreses e visitantes que este sábado desprazáronse ás rúas polas que pasa o tradicional desfile de Entroido puideron gozar de tres horas de percorrido de disfraces individuais ou en parella, grupos, comparsas e fachas que, seguindo o espírito da festa, animaron ao público e o resto de participantes cun...

Diego Torrado
As orellas son o doce máis demandado no Entroido

As familias pontevedresas preparan as súas despensas para o Entroido

10/02/2018
Pontevedra

Como en cada data sinalada no almanaque, os pontevedreses prepáranse ante a chegada das festas do Entroido. A meirande parte dos residentes desta cidade, acoden ao mercado municipal a realizar as súas compras para as comidas familiares que están por vir. A Praza de Abastos adoita ser un lugar moi concurrido...

Alejandra Iannone
Gabriela Varela Asorey
Murga Os do Val do Lérez en PontevedraViva Radio

RADIO.- Os do Val do Lérez poñen banda sonora á Playlist

10/02/2018
Pontevedra

Catro dos integrantes da murga Os do Val do Lérez sumáronse á Playlist de PontevedraViva Radio. As súas seleccións ben poden encaixar nestas festas do entroido. Datas nas que ademais, neste 2018, tocoulles exercer de pregoeiros do entroido de Pontevedra. O seu e o entroido, non é cousa de fai dous...

Marisa Ciordia
Lores, durante o pregón de Os do val do Lérez, que abriu o Entroido 2018 en Pontevedra

Os do Val do Lérez e o rei Urco abren nove días de Entroido en Pontevedra

09/02/2018
Pontevedra

A festa máis retranqueira do ano xa está aquí. Na cidade de Pontevedra non comeza oficialmente o Entroido ata que chega o rei Urco, rei desta festa, e se procede á lectura do pregón. Este venres, as dúas citas foron fieis a tradición e abriron nove días de festexos que...

PontevedraViva
Diego Torrado
Colexio Doroteas Pontevedra

Os colexios xa están "en pé de Entroido"

09/02/2018
Pontevedra

Este venres de febreiro é un día destacado no calendario escolar debido ao Entroido. Todos os centros educativos celebran esta festa popular con gran alegría e imaxinación. Desde primeira hora desenvolvéronse pasarrúas, festivais, bailes e xogos. O frío e a choiva que caeu durante algúns momentos non impediu que os rapaces lucisen...

PontevedraViva
Membros das comparsas Os Canecos, Samieira e 100Tolos en PontevedraViva Radio

RADIO.- "Comparsa, caras riseiras e a pasalo ben!"

09/02/2018
Poio

"Caras riseiras e a pasalo ben" é o berro de guerra co que a comparsa da Sociedade Cultural de Samiera comeza a súa participación en concursos e desfiles de entroido. Unha máxima que resume o leitmotiv destas agrupacións: divertirse un mesmo para que tamén se divirtan os demais. Iso si, hai...

Marisa Ciordia
Imaxe de satélite del xoves 8 de febreiro

Un inicio do Entroido pasado por auga

08/02/2018
Pontevedra

Este xoves á noite chega unha fronte chuviosa a Galicia, o que deixará ceos parcialmente cubertos e chuvascos durante a mañá do venres, que irán remitindo a medida que avance o día. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro ascenso, pasando de 1 a 4 graos, mentres que as máximas permanecerán...

Noelia Torres Pintos
O antropólogo Rafael Quintía no Cara a cara de PontevedraViva Radio

RADIO.- As comparsas satíricas de Marín convertéronse nas chirigotas de Cádiz?

08/02/2018
Pontevedra

É unha circunstancia aberta á investigación, pero ao parecer fai máis dun século Marín e Salcedo eran epicentro das comparsas satíricas. Quizá un fluxo marítimo entre o noroeste e o sur peninsular puido exportar esa retranca para convertela en chirigota gaditana. O que si está estudado é que en Galicia celébrase o "entroido máis rico...

Marisa Ciordia
Desfile do Entroido en Pontevedra 2017

Ollo aos cambios de tráfico polo desfile do Entroido!

08/02/2018
Xeral

O desfile do Entroido, unha das actividades festivas que máis xente achega a Pontevedra nestes días, provocará o despregamento dun operativo especial de tráfico por parte da Policía Local. Durante as últimas horas xa se foi colocando o valado para este evento. Os cortes de tráfico terán a mínima duración, de...

PontevedraViva
Gran festa cos Reis Magos na discoteca Reivi

Nin o frío nin a choiva ameazan ao Entroido de Ponte Caldelas

07/02/2018
Ponte Caldelas

O Entroido de Ponte Caldelas mira con tranquilidade ás previsións meteorolóxicas xa que o Concello, que dende o ano pasado apostou por desdobrar o Entroido entre o inverno e o verán, ten programada unha festa de disfraces para toda a familia na discoteca Reivy para este sábado, día 10, a...

PontevedraViva
VIII Festa do Petote

A IX Festa do Petote, o 11 de marzo no pavillón municipal de Carballedo

07/02/2018
Cerdedo Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade está comezando a perfilar todos os detalles organizativos da novena edición da Festa do Petote, que se celebrará o domingo 11 de marzo no pavillón municipal de Carballedo como peche aos actos do Entroido 2018 e, como de cotío, terá como acto central un xantar popular...

PontevedraViva
Preparativos para o Entroido 2018

Adeus ás princesas: cada vez máis nenas queren ser superheroínas

07/02/2018
Pontevedra

Coa chegada do Entroido, as tendas de disfraces incrementan os seus catálogos coas últimas tendencias. Este ano o tema fantasía enche os escaparates pontevedreses con cores vivas, perrucas extravagantes e moita purpurina.  Se hai algúns anos as flores adornaban as cabeleiras nestas datas, en 2018 as perrucas de cores e os...

Alejandra Iannone
Alejandra Iannone
Presentación da programación Entroido 2018

Es quen de atopar o loro Ravachol no cartel da programación do Entroido 2018?

06/02/2018
Pontevedra

A murga Os do Val do Lérez, gañadora da final de 2017 do concurso pontevedrés de murgas, será a encargada de dar lectura ao pregón de inicio das festas de Entroido de 2018 que se celebrará na Praza da Ferrería este venres 9 de febreiro despois de que o alcalde...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Presentación do cartel do Entroido de Bueu

O Paxaro de Mal Agoiro, protagonista do cartel do Entroido de Bueu

06/02/2018
Bueu

A pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés é a autora da imaxe coa que se promocionará este ano o Entroido de Bueu. A súa foi a proposta gañadora no concurso organizado polo Concello. O goberno municipal destaca que o cartel reflicte dúas realidades moi asociadas a Bueu, como son o Paxaro de Mal...

PontevedraViva
Desfile de entroido de Sanxenxo

Sanxenxo "pon cor" ao municipio cunha extensa programación de Entroido

02/02/2018
Sanxenxo

Poñer unha "nota de cor" á programación cultural de Sanxenxo. Con este espírito chega o Entroido de Sanxenxo, que foi presentado este venres pola concelleira Paz Lago e que se desenvolverá no municipio entre os días 3 e 18 de febreiro. Obradoiros, concursos, bailes, parodias e desfiles centrarán esta programación de...

PontevedraViva
Presentación do Entroido de Bueu

Bueu propón un Entroido centrado en recuperar a tradición

02/02/2018
Xeral

Un completo programa de eventos que se desenvolverá entre os días 9 e 24 de febreiro. Así chega o Entroido 2018 a Bueu, unha festa que o goberno municipal quere dirixir cara un obxectivo claro, recuperar a tradición do municipio. Ese é o eixo dunha programación que foi presentada este venres...

PontevedraViva
Desfile de entroido de Sanxenxo

Sanxenxo convértese nun pobo rockeiro

01/02/2018
Sanxenxo

O vindeiro sábado día 3 de febreiro Sanxenxo converterase nun pobo rockeiro. Unha semana antes do entroido numerosos locais estarán ambientados este ano con estilo "rockeiro". Este "precarnaval" está organizado pola Asociación O Cubreiro e a concellería de cultura do Concello de Sanxenxo, que implicaron nesta iniciativa á hostalería local. Tal e...

PontevedraViva
O Entroido é o protagonista nas tendas especializadas

O Entroido xerará un movemento económico de 37,1 millóns de euros na provincia

29/01/2018
Pontevedra

A Federación Provincial de Comercio estima que os cidadáns da Boa Vila gastarán no Entroido un total de 830.000 euros, moi lonxe dos 3,8 millóns que se gastarán os vigueses. Segundo esta entidade, o total do gasto previsto para o entroido en toda a provincia alcanza os 24,3 millóns de euros....

Oskar Viéitez
Desfile dos cigarróns en Verín

Unha festa en Cerdedo e o Domingo de Piñata en Carballedo, no Entroido 2018

27/01/2018
Xeral

O Concello de Cerdedo-Cotobade xa ten pechado o seu programa de actividades para o Entroido 2018, que inclúe unha excursión a Verín para asistir ao bautizo dos cigarróns, unha festa en Cerdedo o domingo 11 e o tradicional Domingo de Piñata en Carballedo xusto unha semana despois. As actividades arrancarán coa...

PontevedraViva
Presentación do Entroido de Marín

Marín presenta o programa do Entroido

25/01/2018
Marín

Este xoves foi presentado o programa do Entroido 2018 do Concello de Marín. As actividades comenzará o venres, 9 de febreiro, coa I Edición de Cantos de Taberna, adicada a os gaiteiros Os de Marín, a partir das 21:30 horas no Freixo, Construmar, La Huerta de la Abuela, Knoobe. Antes, ás...

PontevedraViva
Presentación do programa do Entroido no Grove

O Concello do Grove presenta o programa do Entroido 2018

23/01/2018
O Salnés

O Concello do Grove presentou este martes a programación dos dez días que durará o Entroido na vila. As celebracións comezarán co xoves de comadres e compadres, o 8 de febreiro, e rematará co Entroido en San Vicente (18 de febreiro) ademais do xa tradicional concurso de disfraces para mascotas. As...

PontevedraViva
Laconada de San Sebastián nun local da cidade

O arrecendo do lacón con grelos inunda o centro histórico

21/01/2018
Pontevedra

Quedan apenas dúas semanas para o inicio do Entroido e, para celebralo, gran parte dos establecementos hostaleiros do centro histórico uníronse para participar na primeira edición da laconada con motivo do Día de San Sebastián, patrón da cidade. Un total de 25 locais sumáronse a unha iniciativa que atraeu a numerosos...

PontevedraViva
Diego Torrado
Entroido da Lama

A Lama quere converterse nun auténtico sambódromo o 17 de febreiro

19/01/2018
A Lama

O Concello da Lama márcase como obxectivo este ano converter a localidade nun "auténtico sambódromo" durante o Entroido. Así o deu a coñecer este venres o alcalde, Jorge Canda, na presentación das festas, nas que xa formalizaron a súa inscrición sete comparsas.  O desfile central dos actos do Entroido da Lama...

PontevedraViva
Presentación da primeira "Laconada San Sebastián"

Os hostaleiros da Zona Monumental preparan unha laconada como antesala do Entroido

18/01/2018
Pontevedra

Como antesala do Entroido, os hostaleiros do centro histórico preparan un preludio gastronómico. Este sábado e domingo, de 20 ao 21 de xaneiro, coincidindo coa festividade de San Sebastián, o Centro Comercial Urbano (CCU) Zona Monumental lanza unha nova iniciativa para seguir dinamizando o centro histórico: unha laconada en distintos establecementos...

Oskar Viéitez
Entroido de verán en Ponte Caldelas

O Entroido de Ponte Caldelas desdóbrase: baixo teito en inverno, na rúa no verán

17/01/2018
Ponte Caldelas

Ponte Caldelas, ante o éxito do Entroido de verán do pasado ano, optou por desdobrar esta festa. Así, haberá unha festa baixo teito no inverno e o tradicional desfile na rúa será en xuño. Buscan así que as previsións meteorolóxicas non frustren as actividades previstas.  O Entroido de inverno, coa festa...

PontevedraViva
Gran Desfile de Entroido de Marín 2017

Se non chove, o domingo 11 de febreiro será o día grande do Entroido en Marín

16/01/2018
Marín

O departamento de Cultura do Concello de Marín está a traballar nas bases que rexerán o concurso desfile do Entroido 2018 previsto para o domingo día 11 de febreiro. A concentración dos participantes será ás 16:00 horas na praza do Regueiro, diante dos bares; e logo desfilará polas seguintes rúas: Praza...

PontevedraViva
Desfile de Entroido 2014 en Pontevedra

O Entroido de Vilagarcía repartirá 7.125 euros en premios

16/01/2018
O Salnés

O Concello de Vilagarcía ten todo listo para celebrar o Entroido. A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión deste luns as bases que rexerán os dous eventos principais da celebración máis irreverente do ano: o Festival de Comparsas e o desfile de Disfraces. A Concellería de Cultura dispón dun...

PontevedraViva