Pontevedra, capital de crematorios?

Postura da Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste

24/01/2019
Tribuna

Esta Plataforma quere trasladar a súa postura a propósito do novo revés do Concello de Pontevedra contra a sentenza que deixou sen efecto a modificación puntual do PXOM aprobada no 2014. Á sentenza a favor das teses da Plataforma e anuladora da Regulamentación de crematorios a 50 metros do TSXG engádese...

Tribuna Viva
Anabel Gulías, concelleira de urbanismo

O Concello suspenderá as licenzas para crematorios se detecta unha "ameaza inminente"

23/01/2019
Pontevedra

A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías, confirmou que actualmente non existe ningún proxecto en marcha de instalación de crematorio en zonas urbanas do municipio. "Non temos coñecemento de ningún crematorio que se queira instalar en zona residencial", sinalou. Se houbese unha "ameaza inminente", a concelleira de urbanismo asegura que "faremos todo...

Oskar Viéitez
Manifestación anti crematorios no ano 2014

Pontevedra, sen protección algunha contra os crematorios en zonas urbanas

22/01/2019
Pontevedra

O Tribunal Supremo rexeitou o recurso de casación presentado polo Concello de Pontevedra contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulou o regulamento aprobado polo goberno municipal para impedir a construción de crematorios no centro urbano da Boa Vila. Unha modificación puntual do PXOM foi o instrumento...

Alejandro Espiño
Anabel Gulías, concelleira de Urbanismo en Pontevedra

O Supremo resolverá o futuro dos crematorios en Pontevedra

30/01/2018
Pontevedra

O Concello de Pontevedra presentou, a principios deste mes de xaneiro, un recurso ante o Tribunal Supremo contra a sentenza que anulou todas as medidas adoptadas polo goberno municipal para impedir a instalación de crematorios no ámbito urbano do municipio. A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías, confirmou este novo paso que,...

Alejandro Espiño
Manifestación anti crematorios no ano 2014

O TSXG anula a normativa dos crematorios

22/11/2017
Pontevedra

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dá a razón á plataforma de Crematorios Non Pontevedra Leste na batalla xudicial que mantén desde hai máis de dous anos contra a modificación puntual do PXOM que regula a instalación de crematorios no termo municipal e permite este tipo de equipamento...

Natalia Puga
Os veciños fotografaron a chegada do forno crematorio ao tanatorio de San Mauro

O TSXG tamén nega a licenza ao crematorio previsto no tanatorio de San Amaro

04/04/2016
Pontevedra

Unha nova sentenza xudicial frustra os plans do Tanatorio San Mauro para abrir un crematorio nas súas instalacións. Tras a negativa municipal e un fallo contrario en primeira instancia é agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o que se nega a atender os requirimentos da empresa. O TSXG...

Alejandro Espiño
Membros da plataforma anti crematorios ás portas do Pleno municipal

Desestimado o recurso das funerarias pola suspensión de licenzas para crematorios

29/02/2016
Pontevedra

A Sección Segunda da sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar sentenza desestimando o recurso interposto polas funerarias Pompas Fúnebres e Alianza e Barros contra a suspensión de licenzas para crematorios aprobada polo Concello de Pontevedra. A suspensión das licenzas foi unha decisión de...

PontevedraViva
Xuntanza dos directivos de Funespaña con veciños de San Amaro e a oposición municipal

Funespaña segue adiante co seu proxecto para San Amaro pero estudará alternativas "si nos las presentan"

07/10/2015
Pontevedra

Funespaña segue adiante co seu proxecto de crematorio para San Amaro. Así o trasladou este mércores o subdirector xeral da empresa, José Vicente Aparicio. "Nunca hemos dicho lo contrario", afirmou tras a reunión que mantivo con membros da plataforma NON Crematorios Pontevedra Leste e os portavoces de Partido Popular, PSdeG-PSOE,...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Directivos de Funespaña reunidos coa Plataforma Non Crematorios

Funespaña reunirase cos portavoces municipais e afectados polo crematorio de San Amaro

01/10/2015
Pontevedra

O mércores 7 de outubro terá lugar unha xuntanza entre os portavoces dos grupos municipais do Concello de Pontevedra co subdirector de Funespaña, José Vicente Aparicio. Esta xuntanza xurde da iniciativa aprobada na xunta de portavoces de manter un encontro cos directivos de Funespaña para mediar na posibilidade de buscar un...

PontevedraViva
Obras no soar do Tanatorio da rúa Arcebispo Malvar

O Tanatorio das Correntes inicia a segunda fase da escavación arqueolóxica no soar de Arcebispo Malvar

29/07/2015
Pontevedra

Constructora San José iniciou este mércores os traballos da segunda fase da intervención arqueolóxica proxectada na parcela destinada a tanatorio entre as rúas Uruguai e Arcebispo Malvar, unha actuación consistente na construción dun muro de micropilotes destinado a garantir a estanquidade do soar, seguindo as disposicións da Comisión Territorial de...

PontevedraViva
Crematorio da Reigosa

Goberno e oposición enfróntanse de novo polo crematorio da Reigosa

20/07/2015
Ponte Caldelas

O equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas e o grupo municipal do PP reavivaron o seu enfrontamento pola construcción do crematorio no polígono da Reigosa. Segundo o goberno local a modificación do Plan Sectorial deste Parque Empresarial podería ter impedido a construción do actual crematorio a tan curta distancia...

Oskar Viéitez
Acondicionamento do solar de Arcebispo Malvar no que se proxecta un tanatorio

O Concello denega as licenzas para crematorios en Arcebispo Malvar e Montecelo

27/06/2015
Pontevedra

Na orde do día da xunta de goberno que se celebrará o próximo luns figuran dúas resolucións polas que os técnicos da oficina municipal de urbanismo denegan as licenzas de obras de construción, instalación e apertura de dous dos crematorios. Por un lado, rexeitan a solicitude de licenza formulada pola empresa...

Oskar Viéitez
Explicación da Funeraria San Marcos sobre o crematorio do Polígono da Reigosa

"Una barbacoa para chuletas contamina más que un horno crematorio"

16/04/2015
Pontevedra

O xerente de Funeraria San Marcos, Juan Perdiz, espera que este verán poida xa encontrarse operativo o crematorio que está a construír no polígono da Reigosa (Ponte Caldelas), malia xurdir algunhas voces veciñais de oposición a este proxecto. Para intentar explicar aos habitantes desa contorna a lexislación e o funcionamento...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Os veciños fotografaron a chegada do forno crematorio ao tanatorio de San Mauro

O Xulgado dá a razón ao Concello e nega licenza ao crematorio do tanatorio de San Amaro

19/11/2014
Pontevedra

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra desestimou o recurso interposto pola sociedade Tanatorio San Mauro S.L., que pretendía obrigar ao Concello de Pontevedra a continuar coa tramitación da solicitude de licenza urbanística para instalar un forno crematorio no soto do tanatorio situado no barrio da Parda, fronte...

PontevedraViva
Membros da plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste antes do pleno municipal

BNG e PSdeG-PSOE aproban a nova regulación dos crematorios entre berros de "casta"

17/11/2014
Pontevedra

O Concello de Pontevedra aprobou este luns a modificación puntual do PGOU que regulará a instalación de crematorios na cidade. Fíxoo cos votos favorables dos catorce membros dos grupos municipais de BNG e PSdeG-PSOE e a oposición dos nove edís do PP. A concelleira non adscrita, María Biempica, abstívose. A...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Acondicionamento do solar de Arcebispo Malvar no que se proxecta un tanatorio

O PP rexeita a modificación puntual do PXOM para a instalación do crematorio urbano

11/11/2014
Pontevedra

O Partido Popular de Pontevedra votará en contra da modificación puntual do Plan Xeral de Urbanismo co que o goberno local pretende regular o solo para a instalación do crematorio urbano. Así o sinalou este martes o concelleiro Ricardo Aguilar en rolda de prensa tras a Comisión de Urbanismo. "No podemos...

PontevedraViva
Membros da plataforma anti crematorios ás portas do Pleno municipal

Respaldo unánime ás mocións de Biempica e só do PP ás demandas dos 'anticrematorios'

22/09/2014
Pontevedra

A concelleira non adscrita, María Biempica, ex edil do PP, logrou reunir o apoio de toda a corporación para aprobar as dúas mocións que presentou ao Pleno, nas que instaba ao deseño dunha planificación e xestión estratéxica e tamén solicitaba a instalación dunha horta urbana en Valdecorvos. A concelleira non adscrita,...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Directivos de Funespaña reunidos coa Plataforma Non Crematorios

Funespaña confía en poder construir o crematorio en 2015

04/09/2014
Pontevedra

O subdirector xeral de Funespaña, José Vicente Aparicio, asegurou que a súa empresa confía en poder empezar a construír en 2015 o primeiro forno crematorio da cidade de Pontevedra. "Nosotros confiamos que sea un proyecto que reciba todos los beneplácitos, cumpliendo ya toda la normativa legal, para el próximo año 2015",...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Membros da Plataforma Non Crematorios durante o Pleno

A Plataforma Non Crematorios interrompe o pleno de Pontevedra

21/07/2014
Pontevedra

Tal e como anunciaran os membros da Plataforma Non Crematorios de Pontevedra acudiron ao Pleno municipal coa intención de "obter respostas e facerse oir". Ao pouco tempo de arrancar a sesión o voceiro da plataforma, José Antonio Ramírez, pediu a palabra. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recordoulle que a normativa...

Oskar Viéitez
Xuntanza entre o concelleiro de urbanismo e a plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste

A plataforma anticrematorios quere a mediación da Universidade de Santiago

17/06/2014
Pontevedra

Unha representación da plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste mantivo este martes unha reunión conxunta co tenente de alcalde e responsable de Urbanismo, Antón Louro. O colectivo pretende reunirse cos tres grupos políticos municipais "para buscar puntos de encontro" e que a Universidade de Santiago actúe nesta polémica como mediadora entre a...

Oskar Viéitez
Antón Louro defendendo a proposta municipal sobre crematorios no pleno

Novo revés xudicial a Pompas Fúnebres na súa querela contra Louro por prevaricación

03/05/2014
Pontevedra

O xuíz ve "unha preocupación razoable" que Antón Louro, como concelleiro de Urbanismo, entendese que a continuación de ata cinco construcións funerarias en Pontevedra "non parecía a mellor opción para este municipio". Con esta argumentación, entre outras, xustifica que por segunda vez en sete meses se tombe xudicialmente a querela contra...

PontevedraViva
Recreación do tanatorio-crematorio proxectado por Funespaña

O Concello cre que Funespaña renunciará ao seu crematorio

17/04/2014
Pontevedra

Foi o concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, o primeiro en poñer o foco sobre o asunto. Sucedeu no pleno do pasado mes de marzo. Á sesión acudiron varios membros da plataforma veciñal Crematorios Non Pontevedra Leste, e debate estaba sendo monopolizado polo concelleiro de urbanismo, o socialista Antón Louro e o...

Oskar Viéitez
Antón Louro, teniente de alcalde e voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE

Louro pide a Moreira que "actúe en conciencia" e inste a Xunta a regular os crematorios

31/03/2014
Pontevedra

O tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo, Antón Louro, instou o voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira a que "actúe en conciencia" e inste á Xunta a regular a distancia mínima entre os crematorios e as vivendas. Foi a resposta do edil socialista á moción presentada polos...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot

Louro acusa o Partido Popular de mentir na polémica regulación dos crematorios

24/03/2014
Pontevedra

O concelleiro de urbanismo de Pontevedra, Antón Louro, cre que o Partido Popular se está "a lavar as mans" ao renunciar a regular as distancias mínimas de separación entre os crematorios e as vivendas. Segundo adiantou o PP na cámara galega o decreto de policía mortuoria que prepara o Goberno...

Oskar Viéitez
Manifestación da Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste

Máis de 300 persoas apoian a manifestación de Non Crematorios Pontevedra Leste

14/03/2014
Pontevedra

Máis de 300 veciños afectados pola instalación dun crematorio en San Mauro asistiron á manifestación convocada pola plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste que se iniciou por un grupo dun cento de veciños dende as inmediacións do cemiterio e, posteriormente, á altura da pasarela en Loureiro Crespo contaron co apoio de...

PontevedraViva
Parlamento de Galicia

Os socialistas piden á Xunta que regule os crematorios

30/01/2014
Pontevedra

O grupo parlamentario socialista vén de presentar una Proposición non de Lei para que a Xunta regule definitivamente a cuestión dos crematorios en toda Galicia. Os socialistas piden a actualización do decreto de Policía Sanitaria-Mortuoria, que ao ser de 1988, non prevé nada específico para este tipo de instalacións e demandan...

Oskar Viéitez

Mil sinaturas e 650 alegacións piden un "non" á nova regulación dos crematorios

28/01/2014
Pontevedra

Este martes expirou o prazo de entrega de alegacións á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para regular a instalación de crematorios no municipio. Unha modificación que segundo la Plataforma Non crematorios Pontevedra Leste "favorece a instalación dun crematorio á empresa multinacional Funespaña empresa controlada por Mapfre, a...

PontevedraViva
Concentración veciñal contra a instalación de crematorios en San Mauro

A Plataforma Non Crematorios insiste na necesidade de abrir o diálogo co Goberno Local

19/01/2014
Pontevedra

A Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste, valorou nun comunicado coma "positiva" a intención do grupo municipal do Partido Popular de alegar en contra da modificación puntual do PXOM, "que favorece o proxecto de crematorio de Funespaña". Consideran desde esta Plataforma que o apoio do grupo popular "supón un cambio sustancial" que...

PontevedraViva

O PP tamén alega contra a regulación dos crematorios para "afastalos da cidade"

17/01/2014
Pontevedra

Igual que fixeron recentemente os veciños da Parda, primeiro de forma colectiva e despois a título individual, o Partido Popular presentou este venres as súas alegacións ao proxecto de modificación puntual do PXOM impulsado polo goberno municipal para regular o uso de crematorios na cidade, unha iniciativa que, segundo os...

PontevedraViva

O proxecto de crematorio en San Amaro acumula 450 alegacións de veciños e comerciantes

13/01/2014
Pontevedra

A modificación puntual do PXOM que promove o Concello de Pontevedra para regular a instalación de crematorios no municipio xa ten 450 alegacións no seu contra. Presentáronas veciños e comerciantes da Parda e San Amaro ao entender que con este cambio da regulación urbanística se favorece o proyeco de crematorio...

Natalia Puga
Concentración veciñal contra a instalación de crematorios en San Mauro

Volven as mobilizacións 'anti-crematorios' en San Amaro

09/01/2014
Pontevedra

Os representantes da plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste reactivaron as súas mobilizacións para evitar a construción dun forno incinerador na zona de San Amaro e que calquera crematorio que se instale sexa a máis de 500 metros da poboación. Afirman que esta distancia de 500 metros se está a respectar no...

Oskar Viéitez

San Mauro e A Parda intensifican as protestas anti crematorio na recta final do ano

25/12/2013
Pontevedra

A Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste continúa activa a pesar das datas do Nadal e mesmo intensifican as súas accións de protesta na recta final do ano. Este mesmo xoves 26 de decembro acudirá ao Concello para presentar por rexistro alegacións ao proxecto de crematorio de Funespaña en San Mauro. As...

PontevedraViva

O PP analiza cos veciños como levar ao Parlamento o rexeitamento ao crematorio da Parda

09/12/2013
Pontevedra

O Partido Popular estuda unha fórmula para impulsar iniciativas no Parlamento de Galicia para facerse eco do rexeitamento social que xerou o proxecto dun crematorio na Parda e "buscar unha solución" que de resposta ás demandas veciñais. Estas iniciativas formularíanse en dúas frontes, o sanitario e a planificación urbanística, e son...

Natalia Puga

Funerarias e veciños da Parda séntanse a dialogar sobre os crematorios

03/12/2013
Pontevedra

Representantes de Pompas Fúnebres Pontevedra S.L. e Alianza y Barros S.A. reuníronse este luns con membros da 'Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste' e, ao término do encontro, as funerarias sosteñen que "a pesar das súas distintas visións sobre as implicacións ambientais e sociais da instalación dun crematorio" veciños e empresarios...

PontevedraViva

Louro á plataforma 'Crematorios Urbanos NON': "No hay que perder la calma"

29/11/2013
Pontevedra

A plataforma Crematorios Urbanos NON constituída en rexeitamento ao proxecto dun forno incinerador na zona este de a cidade realizou este xoves o seu primeiro acto público de protesta entre duras críticas contra o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro Goyanes. Horas máis tarde, na mañá deste venres, o edil respondeulles...

PontevedraViva

Un cento de persoas secunda a primeira protesta de 'Crematorios Urbanos NON'

28/11/2013
Pontevedra

Un centenar de persoas secundou este xoves o primeiro acto público de protesta da plataforma Crematorios Urbanos NON constituída para mostrar o rexeitamento vecinal ao proxecto dun forno crematorio no barrio da Parda. Durante media hora, os asistentes gritaron consignas contrarias ao concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, e a que...

PontevedraViva
Antón Louro defendendo a proposta municipal sobre crematorios no pleno

Tensa xuntanza entre Antón Louro e a plataforma contra os crematorios en San Amaro

26/11/2013
Pontevedra

Tras reunirse co portavoz do Partido Popular, membros da plataforma Crematorios Urbanos NON, creada polos veciños da zona este de a cidade para opoñerse á instalación de hornos crematorios en San Amaro, reuníronse este martes co concelleiro de Urbanismo, Antón Louro. Con el querían debater sobre a modificación puntual do...

PontevedraViva
Representantes das funerarias pontevedresas no Pleno municipal

As funerarias pontevedresas preparan un frente común contra o "monopolio" de Funespaña

28/10/2013
Pontevedra

Catro funerarias pontevedresas, Pompas Fúnebres, Alianza y Barros, Servicios Funerarios San Marcos e Albia Gestión de Servicios, negocian desde hai un tempo crear unha fronte común para contrarrestar o que cualifican como "monopolio" do crematorio que a empresa Funespaña impulsa nas inmediacións do cemiterio de San Amaro e que, por...

Alejandro Espiño
Veciños de A Parda afectados polos crematorios asistiron ao Pleno

A Plataforma 'Crematorios Urbanos NON' expresa o seu malestar con Louro

28/10/2013
Pontevedra

A Plataforma 'Crematorios Urbanos NON' convocou unha reunión para o próximo luns 4 de novembro, no local social Centro Leste, para analizar a nova regulación para a instalación de crematorios no municipio e estudar posibles accións de protesta. Algúns dos voceiros desta Plataforma acudiron este luns ao Teatro Principal para seguir...

Oskar Viéitez
Pleno onde se decidiu suspender temporalmente a instalación de crematorios

O xulgado tomba a querela de Pompas Fúnebres contra Louro por prevaricación

17/10/2013
Pontevedra

O concelleiro de Urbanismo de Pontevedra, o socialista Antón Louro, non será investigado por prevaricación como pedía unha das empresas que promove o tanatorio de Arcebispo Malvar. O Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra decidiu non admitir a querela contra o tenente de alcalde presentada por Pombas Fúnebres. Un auto...

PontevedraViva
Parcela en Arcebispo Malvar onde se proxecta construir un dos crematorios

Máis trabas para o crematorio en Arcebispo Malvar: Patrimonio pide un estudo arqueolóxico

16/10/2013
Pontevedra

O tanatorio-crematorio que proxectan as empresas Alianza y Barros e Pompas Fúnebres Pontevedra atopouse cunha nova traba administrativa. E esta vez non chega do Concello de Pontevedra que, para paralizar esta e outras iniciativas similares en solo urbano, aprobou unha suspensión cautelar de licenzas e unha modificación puntual do PXOM....

Alejandro Espiño
Antón Louro e Xosé Manuel Tato, director xeral de Urbanismo

Ultimada a modificación puntual do PXOM que ordenará as licenzas para crematorios

14/10/2013
Pontevedra

En solo rústico (previa aprobación dun plan especial), en cemiterios ou en solo industrial reservado para industrias contaminantes. Son os tres tipos de solo nos que, no prazo máximo dun ano, poderán instalarse fornos crematorios no Concello de Pontevedra. Así o determina a modificación puntual do PXOM que se aprobará...

Alejandro Espiño

Modificar o PXOU para regular a ubicación de crematorios non precisa avaliación ambiental estratéxica

23/07/2013
Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, informou ao Concello de Pontevedra que a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) promovida pola institución municipal para regular a implantación de crematorios no municipio, non precisa someterse aos trámites de avaliación ambiental...

PontevedraViva

Alianza y Barros e Pompas Fúnebres negocian con Xestur instalar o seu crematorio na Reigosa

30/05/2013
Pontevedra

Seguir todas as vías legais posibles para frear a iniciativa do Concello de Pontevedra e evitar a instalación dun monopolio no mercado funerario na cidade de Pontevedra. Ese é o camiño que percorrerán as compañías pontevedresas Pompas Fúnebres Pontevedra S.L. e  Alianza y Barros S.A. para "defenderse da sorprendente decisión"...

PontevedraViva
Reunión de Antón Louro cos colectivos veciñais  afectados polos crematorios

Pontevedra só aceptará crematorios en cemiterios, polígonos industriais e solo rústico

21/05/2013
Pontevedra

O Concello de Pontevedra remitirá nos próximos días á Xunta de Galicia o documento inicial de modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PGOU) que sentará as bases, segundo o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, para regular de forma definitiva a instalación de crematorios no término municipal e que se...

Alejandro Espiño

Os restos arqueolóxicos son o único atranco para o tanatorio de Arcebispo Malvar

27/02/2013
Pontevedra

As empresas Alianza e Barros S.A. e Pompas Fúnebres Pontevedra S.L. solicitaron unha consulta urbanística ao concello de Pontevedra sobre o solar no que pretenden construír un tanatorio na parcela situada na confluencia de Arcebispo Malvar coa avenida do Uruguai. Segundo informou o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, estas dúas empresas...

Oskar Viéitez
Reunión de Antón Louro cos colectivos veciñais  afectados polos crematorios

Louro amosa "tranquilidade" e "plena confianza" ante a denuncia de Alianza y Barros

11/02/2013
Pontevedra

O concelleiro de urbanismo, Antón Louro, mostrou a súa "tranquilidade" e "plena confianza" ante a decisión das empresas Alianza e Barros S.A. e Pompas Fúnebres Pontevedra S.L. de denunciar a suspensión cautelar do acordo do Pleno polo que se paraliza a concesión de permisos para a construción de crematorios durante...

Oskar Viéitez
Pleno onde se decidiu suspender temporalmente a instalación de crematorios

Dúas funerarias recorren ante o xulgado a suspensión de licenzas para crematorios

11/02/2013
Pontevedra

As funerarias Alianza y Barros S.A. e Pompas Fúnebres Pontevedra S.L. interpuxeron ante o Xulgado do Contencioso Administrativo un recurso contra a paralización da concesión de licenzas para a construcción de crematorios durante un ano aprobada polo Concello capitalino. A suspensión da concesión de licencias aprobouse no Pleno do Concello de...

Natalia Puga
Reunión de Antón Louro cos colectivos veciñais  afectados polos crematorios

Entra en vigor a suspensión de licenzas para crematorios durante un ano

21/12/2012
Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio do Concello de Pontevedra sobre a suspensión de licenzas, por un período dun ano, para instalacións de crematorios de cadáveres. A publicación cumplimenta o requisito de eficacia do acto administrativo, polo que a suspensión entrará en vigor mañá, día 22 de...

PontevedraViva

Solicitan licenza "só" para tanatorio na parcela da avenida de Uruguai

17/12/2012
Pontevedra

As funerarias Alianza y Barros S.A. e Pompas Fúnebres Pontevedra S.L. presentaron hoxe no Concello de Pontevedra o proxecto básico para a construción dun tanatorio na parcela que acordaron adquirir ao Colexio de Arquitectos de Galicia. Iníciase deste xeito a tramitación do expediente para obter a licenza para un tanatorio...

Alejandro Espiño
Pedro Valencia, representante de Funespaña e Juan Perdiz, xerente do Tanatorio San Marcos

As empresas funerarias estudarán lugares alternativos a Pontevedra

22/11/2012
Pontevedra

A suspensión de licenzas para crematorios durante un máximo dun ano aprobada polo pleno da corporación municipal de Pontevedra debuxa un novo escenario para as empresas funerarias. Nos últimos días, tres delas, Funespaña, Santa Lucía-Albia e San Marcos, alcanzaran un acordo para a explotación conxunta dun crematorio único, faltaba a firma...

Oskar Viéitez
Vecinos a la salida del Pleno

Os veciños advirten: "deuse un primeiro paso, agora permaneceremos vixiantes"

22/11/2012
Pontevedra

Algúns aplaudiron, os menos, a maioría colleu os seus bártulos e saíu en estampida ata baleirar o patio de butacas. Os veciños afectados polos cinco proxectos de crematorio en Pontevedra abandoaron en cuestión de minutos o Teatro Principal unha vez que o pleno da corporación municipal de Pontevedra aprobou por unanimidade...

Oskar Viéitez
Pleno onde se decidiu suspender temporalmente a instalación de crematorios

O PP súmase ao consenso para suspender as licenzas para todos os crematorios

22/11/2012
Pontevedra

"ÿ o que queren os veciños". Así xustificou o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira, o voto a favor da suspensión de licenzas para instalación de crematorios en Pontevedra durante un ano. Unha proposta do goberno municipal aprobada, polo tanto, por unanimidade e que frea a tramitación dos cinco proxectos...

Alejandro Espiño
Reunión de Antón Louro cos colectivos veciñais  afectados polos crematorios

Louro intenta pechar antes do Pleno un acordo empresarial para un crematorio único

21/11/2012
Pontevedra

Na véspera do pleno do Concello de Pontevedra que leva na súa Orde do día a suspensión cautelar de licenzas para construír crematorios por "un máximo dun ano" o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, reuniuse cos representantes dos colectivos veciñais afectados polas cinco solicitudes de crematorios para "responder e aclarar...

Oskar Viéitez

Nin unha soa licenza para crematorios en toda Pontevedra durante un ano

16/11/2012
Pontevedra

O Concello de Pontevedra aposta, definitivamente, por suspender durante o período máximo dun ano, a concesión de licenzas de edificación para fornos crematorios de restos humanos. ÿ a proposta que levará o goberno municipal ao pleno do próximo xoves e que, tras aprobarse, afectará, segundo o concelleiro de Urbanismo, á...

Alejandro Espiño
Crematorio Tanatorio proxectado por Funespaña

Un crematorio dentro do cemiterio de San Amaro?

15/11/2012
Pontevedra

Un crematorio dentro do cemiterio? A idea non é nova. O concello de Pontevedra xa contemplara esta posibilidade ao abordar a primeira fase da ampliación do cemiterio municipal de San Amaro. Curiosamente na memoria do proxecto falábase da posibilidade de incluír no recinto un crematorio a xestionar conxuntamente por todas as empresas...

Oskar Viéitez
Crematorio Tanatorio proxectado por Funespaña

Mourente non acode á xuntanza cos veciños da Parda

15/11/2012
Pontevedra

Os veciños da Parda reiteran o seu rexeitamento aos dous Crematorios proxectados na zona Este de Pontevedra: o do empresario Juan Perdiz, director do Tanatorio de San Marcos, e o da firma Funespaña. Ambos na zona de San Amaro. Os dous teñen a súa tramitación moi avanzada, o de Perdiz atópase...

PontevedraViva
Jacobo Moreira, voceiro do grupo municipal del PP en Pontevedra

O PP acusa ao Concello de deixar vía libre ao crematorio de Funespaña

10/11/2012
Pontevedra

O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra asegura que a proposta do equipo de goberno de Miguel Anxo Fernández Lores de suspender as licenzas para crematorios, deixaría vía libre a un dos proxectos en tramitación, concretamente ao que promove a firma Funespaña na zona da Parda. "O tenente de alcalde...

Oskar Viéitez
Reunión do concelleiro de Urbanismo cos veciños de Pedra do Lagarto-A Parda

Xuntanza estratéxica dos veciños da Parda

10/11/2012
Pontevedra

Tras mostrar a súa "satisfacción" coa decisión do Concello acordando a suspensión temporal por un ano do otorgamiento de licenzas sobre crematorios, a asociación de veciños Manuel Quiroga dos barrios de Pedra do Lagarto e A Parda, convoca unha reunión informativa para analizar "os últimos acontecementos". Será o mércores 14 ás...

Oskar Viéitez

A suspensión de crematorios alónxase do pleno extraordinario

08/11/2012
Pontevedra

Ata o venres a última hora da mañá non se saberá se a suspensión da licenza para a construción dos crematorios en Pontevedra irá ao pleno extraordinario do martes 13 de novembro. O tema encóntrase pendente dun informe de urbanismo. Se este venres estivese preparado, o luns iría á comisión...

Anxo Lourido

A Zona Monumental rexeita o crematorio fronte á ponte do Burgo

07/11/2012
Pontevedra

Miguel Lago, presidente do Centro comercial urbano Zona Monumental, indicou que "non lle parece normal" o proxecto de construción dun tanatorio-crematorio na parcela de Arcebispo Malvar situada ante unha das entradas ao centro histórico de Pontevedra. Indicou que sería unha "mala imaxe como porta á Zona Monumental" e engadiu que...

PontevedraViva
Parcela en Arcebispo Malvar onde se proxecta construir un dos crematorios

A suspensión de licenzas para crematorios debátese o martes nun pleno extraordinario

07/11/2012
Pontevedra

"O Concello vai facer todo o posible legalmente, dende o punto de vista político e administrativo, para que non teña repercusións económicas negativas no futuro e poidamos resolver esta barbaridade de construír catro tanatorios-crematorios". Miguel Fernández Lores empregaba esta frase para anunciar que o próximo martes 13 a suspensión da...

Anxo Lourido

Crematorios sen fronteiras

07/11/2012

Estes días media Pontevedra está a falar do asunto dos crematorios (catro, disque) que queren vir para a cidade. A outra metade escoita calada, esperando o seu turno para opinar. O máis polémico dos catro proxectos é o que afectaría a unha parcela situada ao cabo da rúa Arcebispo Malvar,...

Antón Louro, concejal de Urbanismo

Louro sopesa a suspensión cautelar de licenzas para crematorios

06/11/2012
Pontevedra

O concelleiro de Urbanismo e alcalde accidental do concello de Pontevedra, Antón Louro, está valorando moi seriamente a "suspender cautelarmente a concesión de licencias para crematorios". Así o informou o gabinete de comuniciación do Concello que precisou que a suspensión "non afectaría aos tanatorios xa que sería só para os...

Oskar Viéitez
Reunión do concelleiro de Urbanismo cos veciños de Pedra do Lagarto-A Parda

"Tres funerarias aceptarían compartir un único crematorio"

06/11/2012
Pontevedra

"Un pouco máis tranquilos", confesan estar os representantes veciñais de Pedra do Lagarto-A Parda trala súa reunión co concelleiro de urbanismo de Pontevedra, Antón Louro. O responsable municipal trasladoulles a súa intención de propiciar un acordo de todas as empresas funerarias para que se constrúa "un único crematorio afastado das vivendas". "El...

Oskar Viéitez

Louro pide 'sentido común' aos representantes dos crematorios

05/11/2012
Pontevedra

O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, mantivo dúas reunións con dous dos catro representantes das empresas promotoras da construción dos tanatorio-crematorios. O concelleiro traslado a preocupación do Concello ante o cariz que está a tomar este tema e reclamou "un chamamento ao diálogo entre ás catro iniciativas". Desta forma, espera...

PontevedraViva

Políticamente incorrecto: La muerte ronda Pontevedra

05/11/2012

Está claro que la muerte sigue siendo de los pocos negocios que plantan cara a la crisis. Ahí están los cuatro proyectos presentados en el Concello para construir otros tantos tanatorios-crematorios en la capital. Ni uno; ni dos; ni tres. Son cuatro. Y además aspiran a levantarse en lugares estratégicos del casco urbano, en...

Esixen a paralización dos crematorios en marcha e a suspensión de toda licenza

03/11/2012
Pontevedra

Nada une máis que un inimigo común. Que llo digan aos veciños de Pontevedra que conseguiron salvar as súas históricas diferenzas ao atopar algo no que si están de acordo: un crematorio non se pode instalar no medio das casas. As asociacións de veciños Manuel Quiroga-Pedra do Lagarto, Arzobispo Malvar, Avenida...

Oskar Viéitez

Presentan 200 alegacións ao crematorio de San Mauro

02/11/2012
Pontevedra

Os veciños da Parda presentaron no rexistro do Concello de Pontevedra unhas duascentas alegacións contra o proxecto de crematorio que a empresa Funeraria San Marcos quere instalar nas tanatorio que dispón en San Mauro. Estes mesmos afectados están levando a efecto unha campaña de recolleita de firmas para conseguir un total...

Oskar Viéitez
Concentración vecinal contra os crematorios urbanos na Plaza de España

Os veciños invocan ao Consello Social municipal ante o "problema grave" dos crematorios

02/11/2012
Pontevedra

A contestación veciñal contra os catro proxectos de tanatorios e crematorios que hai en marcha en Pontevedra pide un sinal ao Concello de que fará o posible para evitar estas instalacións no centro histórico e núcleos habitados do rural. Un dos colectivos que encabeza a protesta no casco histórico, a Asociación...

PontevedraViva
Carteis de rexeitamento colocados polos vecinos do solar onde se proxectaba o novo tanatorio do Burgo

O balón está agora no tellado dos Arquitectos

01/11/2012
Pontevedra

Os afectados polo tanatorio-crematorio que se pretende construír no Centro histórico sinalan que o futuro deste proxecto pasa polo Colexio de Arquitectos. A asemblea do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará o vindeiro luns, en Santiago de Compostela, a reunión na que se decidirá si venden ás funerarias o solar da...

Oskar Viéitez
Ricardo Aguilar durante unha rolda de prensa que ofreceu no Concello de Pontevedra

Unha "ordenanza urgente" podería frear, segundo o PP, o crematorio de Arzobispo Malvar

31/10/2012
Pontevedra

A polémica polos tanatorios-crematorios non cesa. Trala manifestación vecinal de onte á noite, a pelota volve estar no tellado dos políticos. E o PP teno claro. Cre que se o Concello de Pontevedra redacta de forma urxente unha ordenanza que regule a súa instalación, poderíase impedir a chegada daqueles cuxa...

Alejandro Espiño
Concentración en la Plaza de España

Medra o rexeitamento veciñal aos crematorios urbanos

30/10/2012
Pontevedra

O movemento de oposición veciñal e social contra a instalación de crematorios fixo unha importante demostración de forza. Ao redor dunhas trescentas persoas asistiron na fría noite do martes a unha concentración convocada polos afectados en Mourente e na zona da Parda, onde se proxectan instalacións deste tipo xunto aos residentes...

Oskar Viéitez

A vaga de crematorios en Pontevedra acende o pleno da corporación municipal

30/10/2012
Pontevedra

"Vostede é un carroñero", díxolle Antón Louro a Jacobo Moreira. "Non nos meta de cheo en algo que sabe que é ilegal", foi o comentario de César Mosquera ao voceiro do PP. E Moreira non se quedou calado. Desde un "vostede cre que a xente é parva", dedicado a Louro,...

Alejandro Espiño
Carteis de rexeitamento colocados polos vecinos do solar onde se proxectaba o novo tanatorio do Burgo

Todos a unha contra os crematorios

30/10/2012
Pontevedra

Veciños do ámbito do Burgo sumáronse á plataforma de afectados polos distintos proxectos de crematorios que hai en marcha en Pontevedra. Coa súa incorporación todos os colectivos creados no municipio están baixo o mesmo paraugas, todos a unha coa mesma protesta. A adhesión foi resultado dunha asemblea celebrada na rúa Arcebispo...

PontevedraViva
Carteis de rexeitamento colocados polos vecinos do solar onde se proxectaba o novo tanatorio do Burgo

Nin tanatorios, nin crematorios nin mortos!

27/10/2012
Pontevedra

Os veciños da contorna da ponte do Burgo comezan a organizar a súa oposición ao tanatorio-crematorio anunciado. Para o vindeiro luns convocaron unha reunión para coordinarse en contra do proxecto que Pompas Fúnebres e Alianza y Barros, teñen intención construír na parcela que no seu día ocupou o ximnasio do Teucro. Aos...

Oskar Viéitez