A consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expediente de información pública e o proxecto de execución da segunda fase de mellora da estrada de Seixido, a PO-235, no Concello da Lama.
O investimento previsto para este proxecto conta cun investimento de 1,5 millóns de euros. Esta actuación permitirá que continúen os traballos da vía autonómica, complentando o ensanche da estrada desde Antas ata a parroquia Seixido. A primeira fase desta reforma finalizaba en outubro de 2018 e estendíase nun espazo dun quilómetro.
O proxecto da segunda fase contempla a intervención en dous subtramos da vía autonómica. Trátase de cinco quilómetros nos que se corrixirán varias curvas e ampliarase a plataforma da estrada ata os 6,5 metros, ademais de acometer outras melloras ao longo dos próximos meses neste tramo.