137 gatos foron esterilizados durante este mes de novembro na campaña de 'Castro, luego existo'

Poio
30 de novembro 2021

A actividade de control de colonias de Combarro e Samieira desenvolveuse durante os días 20 e 21 deste mes en colaboración coa concellería de Medio Ambiente, dirixida por Xosé Luis Martínez, que agradece a implicación veciñal e o esforzo da organización e da agrupación Bigotes Felinos para desenvolver as tarefas

Gata
Gata / PontevedraViva

Durante os días 20 e 21 de novembro acometéronse campañas de esterilización de colonias de gatos en Combarro e Samieira. O colectivo 'Castro, luego existo' desempeñou esta actividade co apoio da concellería de Medio Ambiente e tamén de agrupacións locais como Bigotes Felinos.

Durante estas xornadas tratáronse a 137 animais, a través dunha  incisión moi leve, que non requiría post- operatorio. Segundo Xosé Luís Martínez, concelleiro de Medio Ambiente, a iniciativa tamén permitiu retirar das rúas a varios gatos abandonados, algúns deles xa se atopan en trámites para que sexan adoptados por unha familia.

Segundo indicou o responsable municipal rexistrouse unha importante implicación veciñal, unha acción moi positivo para establecer un control rigoroso das colonias de gatos no municipio. Ademais, a campaña permite que persoas propietarias de gatos acometan a esterilización a prezos económicas, sen que teñan que abordar custos de desprazamento, indica o concelleiro.

Ata o momento pecháronse ao redor de media ducia de colonias que se detectaron en varios núcleos. Durante estes días intervíñase en  Combarro e en dúas zonas de Samieira, tamén no lugar de  Casalvito. Ao longo deste ano xa se realizaron outras campañas na contorna da Caeira, en San Salvador. Debido ao éxito destas accións, o  Concello anuncia o seu interese en seguir colaborando con estas asociacións de fronte ao futuro.