154 persoas recibiron asistencia da Asociación contra o Cancro en Cerdedo-Cotobade durante 2020

Cerdedo-Cotobade
06 de decembro 2021

O alcalde Jorge Cubela e Telmo Crespo, o coordinador das xuntas locais da AECC na provincia, exploraron nunha xuntanza as posibilidades de establecer unha colaboración permanente nos vindeiros anos

Telmo Crespo, da AECC, e Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade
Telmo Crespo, da AECC, e Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade

Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, e Telmo Crespo, coordinador de xuntas locais da provincia da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC), mantiveron un encontro para facer un balance das actuacións realizadas e establecer unha fórmula de colaboración permanente de fronte ao futuro para mellorar a asistencia aos residentes do municipio que se atopen afectados por esta enfermidade. 

En 2020, a AECC realizou 154 intervencións no municipio. 52 consultas estaban relacionadas con información e orientación en axudas económicas, préstamo de material, inserción laboral e programa de alimentos. Tamén se acometeron 28 intervencións a pacientes e familiares de atención psicolóxica. Ademais en asistencia en hospitais, os voluntarios da asociación realizaron dez actuacións. A estas accións, súmanse 64 sesións de logopedia a pacientes de cancro de cabeza ou gorxa.

Telmo Crespo sinala que o traballo que se realiza, a través da asociación, pretende diminuír o impacto que causa a enfermidade e mellorar, ao mesmo tempo, a calidade de vida tanto de pacientes como de familiares. Entre o servizos gratuítos que ofrece a AECC atópanse a atención social, o programa "volver falar", deshabituación  tabáquica, investigación, apoio psicolóxico e voluntariado.

O alcalde comprometeuse a buscar un sistema para colaborar de maneira estable para que a asociación continúe colaborando coas persoas que demandan tratamentos e axuda contra o cancro.