Finalizada a primeira xornada de 'peñas' nas rúas da cidade, os servizos de emerxencia fan balance dunha noite na que non se rexistraron incidentes de gravidade pero na que si foi necesario realizar atencións médicas de emerxencia.
Entre os efectivos sanitarios do 061 e a ambulancia de Cruz Vermella habilidada polo Concello atenderon un total de 18 intoxicacións etílicas.
O 061 atendeu 16 delas, 7 sen que fóra necesario o traslado do atendido a un centro médico. Pola contra 8 persoas foron evacuadas ao hospital de Montecelo e outra ao Punto de Atención Continuada (PAC) da Parda.
Pola súa banda a Cruz Vermella trasladou a unha persoa a Montecelo por intoxicación etilíca e outra á Parda. Ademais levou a Montecelo a outras persoa por unha dor abdominal e a dúas á Parda por contusións.
As asistencias de Cruz Vermella completáronse con tres intervencións por "cuestións menores".