18 bolseiros da Deputación comezan o luns a traballar nas confrarías da provincia

Pontevedra
30 de abril 2015

Son 18 titulados universitarios e de formación profesional que solicitaron participar no Plan de Práctica Laboral pero non acadaron unha bolsa na convocatoria aprobada o pasado mes de marzo, pero que agora se suman a aqueles 200 mozos do citado plan que poden ampliar a súa formación e dispoñer da primeira oportunidade profesional

Barcos fondeados
Barcos fondeados / Juan Mejuto

A Deputación de Pontevedra aprobou este xoves na xunta de goberno ratificar o convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia, tal e como se acordou na reunión celebrada no Pazo  Provincial, o pasado  13 de abril entre o presidente Rafael Louzán, a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, os representantes das 22 cofradías da provincia e a propia Federación Provincial de Cofradías.

Segundo informou en rolda de prensa Rafael Louzán, a institución provincial destinará  máis de 700.000 euros para apoiar a un "sector estratéxico na comunidade tanto pola súa achega económica como polo número de traballadores que emprega".

No convenio inclúese a cesión de 18 bolseiros que durante un ano desenvolverán diferentes tarefas profesionais nos pósitos de A Guarda, Aldán, Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, O Grove, Lourizán e Marín.

Este mozos "comezarán o luns, 4 de maio a súa primeira experiencia laboral en varias confrarías da provincia" destacou Louzán.

Segundo se recolle no convenio aprobado, a contratación destes bolseiros é financiada pola Deputación cunha partida económica de 200.000 euros.

Son 18 titulados universitarios e de formación profesional que solicitaron participar no Plan de Práctica Laboral pero non acadaron unha bolsa na convocatoria aprobada o pasado mes de marzo, pero que agora se suman a aqueles 200 mozos do citado plan que poden ampliar a súa formación e dispoñer da primeira oportunidade profesional.

LIÑA DE AXUDAS PARA GASTOS

500.000 euros da cuantía total do convenio aprobado pola Deputación destinaranse ao financiamento dos gastos derivados da actividade que realiza cada unha das confrarías: comercialización, investimentos propios dos pósitos, recuperación de bancos marisqueiros así como as reparacións de locais.

A vindeira semana, á espera de que a Federación de Confrarías de Pontevedra remita os datos relativos aos criterios de reparto, o organismo provincial aprobará as cuantías destinadas a cada pósito.

A Deputación adiantará o 50% do investimento de cada confraría e aportará o restante 50% unha vez se xustifiquen os traballos. Estes pagos realizaránse a principios do verán e a finais de setembro, respectivamente.