18 empresas presentan ofertas para as obras da estrada PO-234

Ponte Caldelas
05 de xullo 2017

Esta primeira actuación afecta a 2,69 quilómetros do treito de Cotobade, os traballos están orzamentados en 650.000 euros

Ethel Vázquez presentou o proxecto aos veciños de Augasantas
Ethel Vázquez presentou o proxecto aos veciños de Augasantas

Un total de 18 empresas veñen de presentar as súas ofertas para facerse co contrato das obras da primeira fase da mellora integral da estrada PO-234, entre os municipios de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.

A Consellería de Infraestruturas vai iniciar a baremación das ofertas para determinar cal é a máis vantaxosa e facer unha proposta de contratación e a posterior adxudicación.

Esta primeira fase, tal e como informou a conselleira Ethel Vázquez o pasado 15 de maio na súa visita á parroquia de Augasantas, correspóndese cun treito de 2,69 quilómetros do termo de Cotobade.

O tramo comprende dende o punto quilométrico 4,150, no cruce de Portasouto, ata o 6,840, xa en Augasantas e a súa mellora conta cun orzamento de 650.0000 euros.

A Xunta tamén está redactado o proxecto construtivo da segunda fase, correspondente co treito máis próximo a Ponte Caldelas e que conta con 2,16 quilómetros.