Continúa a liña ascendente de casos positivos en Covid na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Segundo os datos facilitados durante este sábado 29 de agosto, hai 205 casos activos de coronavirus nesta área sanitaria, 18 casos máis que durante a xornada do venres.
199 destes casos Covid atópanse evolucionando no seu domicilio mentres que 4 pacientes están ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) e dous pacientes na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Na área sanitaria desde o inicio do plan de continxencia súmanse 976 pacientes curados, cinco máis que na xornada do venres, E faleceron por causa do virus 17 persoas na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés.
Realizáronse 358 probas PCR nas últimas 24 horas, que se suman ás 27.087 realizadas desde o inicio da pandemia.
DÚAS PERSOAS FALECIDAS
En Galicia rexistráronse dous falecementos por Covid nesta última xornada. Unha muller de 85 anos falecía no Complexo Hospitalario da Coruña e un home de 71 anos morría, tamén como consecuencia do virus, en Ourense. Ambos, segundo o SERGAS, contaban con patoloxías previas.
O total de casos activos en Galicia ascende a 3.294, dos 3.167 mantéñense nos seus domicilios á espera da súa recuperación. A área sanitaria con máis positivos detectados segue sendo A Coruña con 1.376 afectados, seguida por Lugo con 604 casos e por Santiago con 473.