O colexio Álvarez Limeses de Pontevedra foi este venres o lugar elixido para a apertura da oitava edición do programa '21 días co Galego e +', enfocado en incentivar o uso da lingua entre as xeracións máis novas.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto e destacou que o programa, impulsado pola Xunta, conta coa colaboración de "toda a comunidade, entre alumnado, mestrado e persoal dos centros, que participan voluntariamente".
Valentín García destacou que esta proposta ten moi boa acollida ano tras ano porque favorece o uso do galego a través de actividades de lecer que van máis alá da educación nas aulas e contempla o espazo escolar no seu sentido máis amplo, "como un lugar de socialización para a xente moza”.
Tamén estivo presente o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
O programa conta coa participación de dez centros educativos de toda Galicia, sendo o Álvarez Limeses o único de Pontevedra e a súa comarca.
Ata o 6 de febreiro están involucradas un total de 3.760 persoas, cuxas propostas quedarán reflectidas nas redes sociais do programa e no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central do programa.
Neste blog mostrarán as creacións de cada colexio e tamén se manterá a colaboración co espazo Galicia por Diante da Radio Galega, que lle dará difusión ás accións que se fagan.
Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas.
Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte.
Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario.

Programa '21 días co Galego e +' no colexio Álvarez Limeses