23X | A 'onda azul' inunda a provincia e só 'resisten' cinco concellos, entre eles O Grove e A Illa de Arousa

Pontevedra
23 de xullo 2023

Incontestable foi a vitoria do PP na provincia de Pontevedra nestas eleccións do 23J. Foron os máis votados en 56 dos 61 concellos da provincia. Desta 'onda azul' só resistíronse bastións socialistas como Vigo, Redondela, Fornelos de Montes e, dentro da comarca do Salnés, tanto O Grove como A Illa de Arousa

Resultados electorais do 23X en Pontevedra (PP en azul e PSOE en vermello)
Resultados electorais do 23X en Pontevedra (PP en azul e PSOE en vermello) / Ministerio del Interior

Incontestable foi a vitoria do PP na provincia de Pontevedra nestas eleccións do 23J. Foron os máis votados en 56 dos 61 concellos da provincia.

Desta 'onda azul' só se resistiron bastións socialistas como Vigo, Redondela, Fornelos de Montes e, dentro da comarca do Salnés, tanto O Grove como A Illa de Arousa.

Dentro da área de influencia de Pontevedra, os mellores resultados para o PP producíronse na Lama (62,75%), Vilanova de Arousa (56,20%) ou Meaño (56,23%).

Máis da metade dos votos logrou igualmente en Campo Lameiro (54,50%), Meis (51,28%), Barro (51,20%), Moraña (50,82%), Portas (50,70%), Sanxenxo (50,47%), Ribadumia (50,21%), 

Os populares tamén foron os máis votados en Cerdedo-Cotobade (49,08%), Cambados (48,42%), Poio (47,66%), Caldas de Reis (45,55%), Marín (44,63%), Cuntis (44,53%), Ponte Caldelas (43,94%), Bueu (42,39%), Vilagarcía (40,11%) ou Pontevedra (39,86%).

En Vilaboa (38,02%) houbo case un empate técnico co PSOE (37,18%).

Os socialistas, pola súa banda, gañaron na Illa de Arousa (36,22%) e O Grove (33,11%), ambos con tres puntos de vantaxe sobre o PP.