25N | Bolboretas do IES de Ponte Caldelas voan ata A Lama para conmemorar o 25-N

A Lama
24 de novembro 2023

O Concello da Lama conmemorou o 25-N cun acto sinxelo no que se colocaron as 52 bolboretas, elaboradas polo alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO do IES Ponte Caldelas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, unha por cada vítima mortal da violencia machista rexistrada en España no que vai de ano

Lectura do manifesto polo 25N no Concello da Lama Concello da Lama

O Concello da Lama conmemorou o 25-N cun acto sinxelo no que se colocaron as 52 bolboretas, elaboradas polo alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO do IES Ponte Caldelas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, unha por cada vítima mortal da violencia machista rexistrada en España no que vai de ano.

A encargada de ler o manifesto foi a concelleira de Muller, Igualdade e Servizos Sociais, Trinidad Fernández Oubiña, quen sinalou que "entre as claves para loitar contra este tipo de violencia está avanzar na prevención, na educación e nunha lexislación axeitada que evite a impunidade".

O alcalde, David Carrera, agradeceu a implicación do Centro de Información á Muller (CIM) nos labores tanto preventivos como de acompañamento ás vítimas da violencia de xénero e fixo votos para que esta lacra social remate canto antes. 

Tamén lembrou que o CIM da Lama está a levar a cabo un programa de actividades ao abeiro das axudas a concellos menores de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero da Deputación de Pontevedra.