25N | Cerdedo-Cotobade apunta ás máscaras como un símbolo "da mordaza que fai calar a moitas mulleres"

Cerdedo Cotobade
25 de novembro 2020

Solidarizarse coas mulleres vítimas da violencia machista que están "obrigadas" a convivir co seu agresor "sen ter opcións claras, nin axudas suficientes para escapar da súa tortura diaria". Ese foi o espírito deste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, en Cerdedo-Cotobade

Concentración en Cerdedo polo 25N
Concentración en Cerdedo polo 25N / Concello de Cerdedo-Cotobade

Solidarizarse coas mulleres vítimas da violencia machista que están "obrigadas" a convivir co seu agresor "sen ter opcións claras, nin axudas suficientes para escapar da súa tortura diaria". Ese foi o espírito deste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, en Cerdedo-Cotobade.

Membros da corporación municipal concentráronse ante a sede administrativa de Cerdedo para mostrar o seu rexeitamento a esta lacra social.

A tenente de alcalde, Lourdes Ovelleiro, foi a encargada de ler o manifesto acordado por todos os partidos políticos.

A través del, todos eles uniron as súas voces ao desexo de que non volvan producirse máis mortes por violencia machista, que remate dunha vez o maltrato "cotiá e cruel" e que as mulleres poidan vivir "libres, tranquilas e sen medo".

O escrito tamén recollía tamén que a máscara, símbolo da pandemia e que tanto nos protexe fronte o coronavirus, "podería simbolizar a mordaza que fai calar a moitas mulleres" e que as vítimas "non poden quitar ao chegar á casa como nós facemos coa máscara".

Esta xornada tamén incluíu o reparto de xogos dos Bolechas entre o alumnado do municipio coa intención de fomentar e concienciar accións a prol da igualdade.