Este mércores, a candidata do BNG á alcaldía de Poio, Marga Caldas, reuniuse nas antigas instalacións da gardería de Campelo cos diferentes colectivos do lugar para facerlle chegar a súa proposta de converter este espazo nun centro multifuncional público que dinamice o lugar e preste servizo a toda a veciñanza.
“Queremos que esta gardería se convirta nun espazo para a xente, dende os máis cativos ata os máis maiores", afirmou Caldas.
Con el, busca ofrecer un espazo que permita dar a Campelo "o dinamismo que precisa". Debido ao aumento de poboación e a que cada vez son máis os veciños que acoden ás actividades municipais, sinalou, "é preciso que os servizos municipais se amplíen e este é o lugar idóneo”.
“Queremos que este espazo acolla equipamentos municipais, mais tamén unha sala que permita realizar exposicións, concertos ou congresos, uns espazos que poidan acoller ás nosas crianzas e aos nosos maiores, cunha zona verde axardinada e á disposición de toda a veciñanza”, propón.