28M | O ministro Iceta aplaude as "ideas clarísimas" do PSOE de Poio

Poio
20 de maio 2023

O ministro de Cultura e Deporte do Goberno de España, Miquel Iceta, visitou este venres o concello de Poio para arroupar á candidatura socialista de Gregorio Agís

O ministro Miquel Iceta coa candidatura do PSOE de Poio
O ministro Miquel Iceta coa candidatura do PSOE de Poio / PSOE de Poio

O ministro de Cultura e Deporte do Goberno de España, Miquel Iceta, visitou este venres o concello de Poio para arroupar á candidatura socialista de Gregorio Agís.

Unha visita á Seca, ao entorno costeiro onde a candidatura conta con moitos proxectos para a súa transformación, así como ao propio núcleo de Combarro foron algunhas das iniciativas que repasaron xuntos nesta xornada. 

O candidato expúsolle "a importancia de recuperar a Casa de Combarro" e anunciou que "contamos co compromiso do ministro de indagar na titularidade do inmoble para incorporalo ao servizo público, ao inventario de bens tanto da Deputación como do Concello", subliñou Gregorio Agís. 

Tamén abordaron a posibilidade de que o proxecto de transformación de Combarro que o PSOE local leva no seu programa sexa "merecedor" das axudas que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana destina para a recuperación do patrimonio.

O candidato á Alcaldía de Poio tamén amosou ao ministro Iceta os terreos comprados polo Concello na antiga canteira de Graña, onde o equipo de Gregorio Agís ten previsto a construción dun pavillón de deportes e dun auditorio.

"Queremos xerar aquí un núcleo de equipamento municipal, tamén co Punto Limpo, e con outras instalacións ao aire libre, con espazos verdes, que sen dúbida van a mellorar non só todos os servicios que se ofreza á veciñanza senón a conectividade deste entorno", repasou Agís.

Pola súa banda, Miquel Iceta confesou quedar abraiado por todo o "potencial" de Poio. 

"Me alegro de ver como el candidato socialista a la alcaldía, el futuro alcalde, tiene ideas clarísimas de cómo impulsar el municipio sobre la base de apostar fuerte por la cultura, el deporte, el paisaje y el turismo", afirmou.

"Tambo es una oportunidad, Combarro tiene ya un atractivo turístico muy importante y tenemos una deuda al tener que acabar de registrar la casa para que sea propiedad pública y para que el Ministerio de Cultura pueda ayudar, o bien hacer un Centro de Interpretación", reconoció Iceta.

"Me alegro mucho de que haya la voluntad de hacer un polideportivo, ahí tenemos que colaborar diversas administraciones, las competencias de deporte corresponden en primera instancia a la Xunta, pero me consta que también las Diputaciones pueden echar una mano", repasó también.

"De lo que podéis estar seguros es que de ese empuje, de esa idea de un Poio muy avanzado, que aprovecha bien su ubicación geográfica y la especificidad de esta zona, va a contar con nuestro apoyo y nuestra colaboración en todo aquello que podamos", asegurou o ministro de Cultura e Deportes.