28M | Rueda inicia a campaña apoiando o candidato do PP en Barro, Eduardo Ruadas

Barro
13 de maio 2023

Nun dos seus primeiros actos oficiais de campaña, o presidente do PP de Galicia e da Xunta, Alfonso Rueda, estivo este venres en Barro para mostrar o seu apoio ao candidato local

Visita de Alfonso Rueda ao PP de Barro no primeiro día de campaña electoral
Visita de Alfonso Rueda ao PP de Barro no primeiro día de campaña electoral / Partido Popular

Nun dos seus primeiros actos oficiais de campaña, o presidente do PP de Galicia e da Xunta, Alfonso Rueda, estivo este venres en Barro para mostrar o seu apoio ao candidato local, Eduardo Ruadas.

Acompañado de afiliados, simpatizantes e veciños, Rueda visitou a sede do Partido Popular en San Antoniño e protagonizou un paseo polo centro urbano visitando varios locais comerciais.

"Barro ten moito futuro por diante e ten que ser da man de Eduardo e de toda a súa xente", sinalou o presidente do PP de Galicia, defendendo que "Eduardo e o seu equipo representan o aire fresco e as ideas novas necesarias para poñer Barro no bo camiño".

Pola súa banda o candidato á alcaldía agradeceu "o compromiso explícito con esta visita do Presidente Roda con Barro, cun equipo renovado e con moito futuro por diante".