Trinta e oito axentes en prácticas reforzarán as comisarías de Pontevedra

Pontevedra
21 de xullo 2026

Forman parte dos 108 policías nacionais en prácticas que se integrarán durante case un ano en diferentes brigadas de Galicia. Pontevedra recibe 10; Vilagarcía de Arousa, 4; Marín, 4 e Vigo, 20

Presentación dos policías nacionais en prácticas Delegación del Gobierno en Galicia

38 axentes en prácticas da Policía Nacional reforzarán as comisarías da provincia de Pontevedra durante o próximos once meses.

Este reforzo está dentro do dispositivo de incorporación de novos efectivos impulsado polo Goberno central en Galicia.

Estes axentes forman parte dos 108 policías en prácticas que se integrarán durante case un ano en brigadas de seguridade cidadá, policía xudicial, estranxeiría e fronteiras, policía científica e información, así como nas comisarías.

Presentación dos policías nacionais en prácticasDelegación do Goberno en Galicia

O anuncio realizouno o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nun acto celebrado na praza de María Pita, na Coruña, no que estivo acompañado polo Xefe Superior de Policía de Galicia, Pedro Pacheco; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; e o subdelegado do Goberno na Coruña,Julio Abalde.

Durante a súa intervención, Blanco destacou que esta incorporación responde a "un esforzo que fai posible que hoxe haxa un 20% máis de efectivos en Galicia que en 2018, é dicir, 500 profesionais máis".

Na repartición por provincias, Pontevedra recibe o segundo maior número de axentes, só por detrás da Coruña, que contará con 50. A Lugo van destinados 12 e Ourense, 8.

Concretamente, 20 policías en prácticas prestarán servizo na Coruña, 8 en Ferrol, 18 en Santiago de Compostela, 4 en Ribeira, 8 en Lugo, 2 en Monforte de Lemos, 2 en Viveiro, 8 en Ourense, 10 en Pontevedra, 4 en Vilagarcía de Arousa, 4 en Marín e 20 en Vigo.

O delegado tamén subliñou o papel da Policía Nacional en Galicia, con "máis de 3.000 homes e mulleres que representan o espírito de servizo, compromiso e proximidade coa cidadanía", que a sitúan como "a segunda comunidade autónoma máis segura de España".

Así mesmo, trasladou aos novos axentes o reto que supón traballar nun territorio con realidades diversas, desde zonas industriais até áreas con alta presión turística ou contornas fronteirizas, o que, segundo indicou, converte Galicia en "un excelente espazo de aprendizaxe".

O delegado tamén incidiu no reforzo progresivo dos persoais, grazas a "as convocatorias de acceso máis numerosas dos últimos 15 anos".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora