3D Xeométrica e Coverwind acadan os Premios AJE 2016

Pontevedra
12 de novembro 2016

Os premios entregábanse na noite deste venres nas instalacións do Liceo Casino coa presenza de numerosas autoridades e representantes de empresas de Pontevedra

Entrega dos premios da Asociación de Jóvenes Empresarios 2016
Entrega dos premios da Asociación de Jóvenes Empresarios 2016 / Mónica Patxot

A XXI edición do Premio Novo Empresario volveu resultar un éxito. Decenas de persoas participaron deste evento durante a noite deste venres 11 no Liceo Casino na gala organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE).

Os gañadores desta edición foron as empresas pontevedresas 3D Xeométrica que obtiña o Premio Novo Empresario. Pola súa banda, o Premio Novo Emprendedor foi para a empresa Coverwind, que realiza servizos relacionados coa enerxía eólica.

O empresario José Ignacio Orbe obtivo o Premio Honorífico polo seu labor á fronte da conserveira Orbe, unha empresa de Ponte Caldelas.

Os accésit foron a mans de Releyeble e de Carlos Conde Peluqueros, que obtiveron o correspondente a Innovación e a Creación de emprego, respectivamente.

Ao acto asistiron a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva; o subdelegado do Goberno, Antonio Coello; o director do IGAPE, Javier Aguilera e a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.