500 emprendedores participarán nun congreso internacional que se celebrará en Pontevedra os días 13 e 14 de maio

Pontevedra
30 de abril 2015

Emilio Duró, Ignacio Rivera, Alberto Bosch, o Director Xeral de Fondos Comunitarios para España, un catedrático de Harvard e Oxford e a directora para España de Google serán algúns dos ponentes

Presentación do Congreso Internacional de Viveirismo
Presentación do Congreso Internacional de Viveirismo / Mónica Patxot

Os días 13 e 14 de maio a sede de Afundación, en Pontevedra acollerá o Congreso Internacional de Viveirismo, organizado pola Fundación Incyde (a Federación de Cámaras de Comercio de España) e pola Deputación de Pontevedra.

Segundo explicaron este xoves en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o presidente de Incyde, Javier Collazo, o congreso prestará especial atención e orientación hacia os sectores productivos estratéxicos da provincia.

O congreso desenvolverá as seguintes accións: Xornadas e grupos de traballo orientadas a xestores de viveiros de empresas sobre organización, xestión, financiación e políticas de emprendemento; Acceso á financiación para as empresas viveristas; Desarrollo de experiencias internacionais comparadas; Xornadas de Innovación e Desarrollo Tecnológico; e un "Networking" activo (rede de contactos e oportunidades de negocio entre os asistentes).

Os ponentes serán destacadas personalidades como Emilio Duró, que impartirá a charla inaugural, consultor, asesor e profesor de universidades nacionales e internacionales que participa en numerosos programas de televisión; José María Piñeiro Campos, Director Xeral de Fondos Comunitarios para España; Ignacio Rivera, consejero delegado da empresa cerveceira Hijos de Rivera (Estrella de Galicia, 1906, HR, etc.); Kriengsak Chareonwongsak, profesor de Oxford e Harvard; Alberto Bosch, aventureiro, deportista e empresario que culminou a travesía integral da Antártida; e representantes para España de empresas tecnológicas como France Telecom, Google, Orange Group, InnoBan, Foro Capital Pymes e outras.

Participarán representantes de empresas tecnolóxicas como France Telecom, Google, Orange Group, InnoBan

Entre outros actos e ponencias haberá unha mesa redonda sobre "Grandes ideas para grandes xestores" moderada pola delegada da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa e ponencias de Joaquín Dossil, de Libredon; Oscar Galante, do Instituto Nacional de Tecnoloxía Industrial (INTI); e Luis Alberto Buffoni de Advenio Software; e unha lección final a cargo de Alberto Bosch.

Entre os obxectivos do congreso figura conseguir un clima de Innovación, Crecemento e Competencia nas empresas incubadoras. Por eso, todas as accións previstas teñen como obxectivo contribuír á consecución das directrices fixadas pola Unión Europea, de modernización das micropemes, xerando interacción entre elas, realizando un networking activo, e capacitándoas nas novas tecnoloxías.

Segundo indicou Louzán, durante o congreso, os viveiristas poderán coñecer novos modelos de excelencia na xestión de viveiros, da man de países líderes en emprendemento e xestión de incubadoras de forma que poidan ser trasladadas aos espazos propios. Os viveiristas, coa asistencia a este congreso, poderán recibir asesoramento de institucións e empresas líderes en materia de emprendemento e incubación e coñecer novas oportunidades de negocio.