60 alumnos inician un novo curso na Escola de Canteiros

Poio
24 de outubro 2014

O centro creouse en 1979 e leva formado a máis de mil canteiros e mestres canteiros, a maioría deles actualmente traballando en diferentes puntos de Galicia e España e incluso no estranxeiro

Apertura do curso na Escola de Canteiros
Apertura do curso na Escola de Canteiros /

A Escola de Canteiros abriu este venres o curso 2014-2015. Iníciase con 60 alumnos que recibirán una ampla formación no traballo da pedra e en materias como escultura, canteiría, historia da arte e construción, restauración, modelado e debuxo artístico e técnico.

O centro creouse en 1979 e leva formado a máis de mil canteiros e mestres canteiros, a maioría deles actualmente traballando en diferentes puntos de Galicia e España e incluso no estranxeiro.

En Galicia hai preto de 60 talleres de pedra grandes ou medianos, constituídos e rexentados por alumnos da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, que ocupan laboralmente a preto de 250 traballadores.